O Consorcio de Santiago presentou hoxe as primeiras sondaxes arqueolóxicas realizadas nos sotos do Banco de España, na praza de PraterÃas, de cara á transformación do edificio no futuro Museo das Peregrinacións e de Santiago. As sondaxes permitiron descubrir outro fragmento da primeira muralla da cidade compostelana, erguida no século IX polo bispo Sisnando II. As escavacións, ao redor da antiga cámara acorazada na que se gardaba o diñeiro da delegación do Banco de España, amosaron vestixios do foso XIX e uns curiosos piares das casas que habÃa no solar antes da edificación do Banco de España na postguerra. As escavacións continuarán nas vindeiras semanas co obxectivo de coñecer máis en detalle o perÃmetro defensivo da cidade.
A cerca de Sisnado II foi erguida no século IX, co obxectivo de protexer o "lugar santo" de Santiago da ameaza normanda, de aquela un problema serio en Galicia. A edificación constou dun profundo foxo, muralla e torres, de moi difÃcil execución, e para a que foi preciso a contratación dun arquitecto especialista. O foxo anegábase con auga procedente dos abundantes mananciais próximos e debÃa ter unha altura de 5 metros e unha lonxitude en rampa duns 16. Ese primeiro perÃmetro defensivo protexÃa unha pequena superficie de 2.5 hectáreas na que estaba a igrexa de Santiago, a antiga Corticela e o mosteiro de San Paio de Antealtares, antes por riba da actual praza da Quintana e anexo á igrexa de Santiago.
Segundo o catedrático de Historia Medieval da USC, Fernando Alsina, as excavacións "permiten coñecer en detalle a topografÃa da cidade", que á luz das excavacións cobra un novo sentido. A poderosa cerca que rodeaba o Lugar Santo impediu o saqueo normando pero non evitou que a, de aquela, minúscula cidade, fora arrasada polo xeneral cordobés Almanzor no ano 997. Sobre ela se edificaron, séculos adiante, numerosas casas do casco histórico. No caso do solar do Banco de España, os cimentos das casas que alà habÃa foron apuntaladas con tocóns de madeira para asegurar os muros, asentados sobre unha capa de recheo do foxo.

Murallas baixo unha cámara acorazada
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e Fernando Alsina, catedrático de Historia Medieval
Bases das vivendas do XVIII demolidas pola construción do Banco de España
As escavacÃóns revelaron a creación dun curioso sistema construtivo. Os alicerces das edificacións sostÃñanse por tocóns de madeira.
O gran corte do foxo
O foxo construÃuse cortando a rocha nai que hai nesta parte da cidade. Nesta foto, pódese apreciar como foi seccionada a pedra orixinal.