A reforma do Banco de España centra os proxectos do Consorcio de Santiago para 2009

A entidade disporá de 17 millóns de euros para os seus programas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A situación do antigo Banco de España en Santiago, na praza de Praterías, foi determinante para que Manuel Gallego Jorreto, arquitecto encargado da reforma, pensase nun proxecto que o integre no seu contorno. Así, os edificios dos arredores que tamén pertencen ao Consorcio de Santiago desenvolverán unha función no proxecto: Museo das Peregrinacións e de Santiago. O proxecto de reforma fíxose público onte, o mesmo día no que o Consello de Administración do Consorcio aprobou o orzamento para o 2009. En total disporá de 17 millóns de euros (achegados polo Ministerio, Concello e Xunta) para os seus programas de rehabilitación, recuperación urbana, dinamización turístico-cultural ou o inicio do proxecto de expropiación do Castelo da Rocha.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Manuel Gallego Jorreto, Manuel Gallego, Castelo...