A Fundación Caixa Galicia exhibe os fondos de Lugrís no centenario do seu nacemento

Centenario Lugrís

9/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Urbano Lugrís foi pintor, muralista, poeta, deseñador pero, sobre todo, unha figura fundamental da arte galega do século XX. Co gallo do centenario do seu nacemento, a Fundación Caixa Galicia abre na Coruña unha exposición na que dá a coñecer os fondos que ten do artista na súa propia colección. A mostra compleméntase cunha serie de conferencias na que participan o pintor Antón Patiño e os escritores Olivia Rodríguez e Luís Rei, que teñen analizado e afondado na obra do pintor.

Máis información no web da Fundación Caixa Galicia, en Galicia Hoxe e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Antón Patiño, Urbano Lugrís...