A Fundación Caixa Galicia achega a Vigo os excesos de Tamara de Lempicka

Vigo e Tamara

19/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A súa obra é un reflexo dos histriónicos anos vinte, da Europa de entreguerras marcada polo gusto pola vida. De feito as obras de Tamara de Lempicka recollen a dozura dos sentidos, a sensualidade e o erotismo que a converteron na máxima representante do Art Decó. A Fundación Caixa Galicia exhibe desde onte en Vigo (e por primeira vez no Estado) a mostra máis completa que se achega á biografía e obra artística desta pintora polaca. Unha actividade que se sitúa na liña de grandes exposicións que a entidade financeira abriu con Frida Kahlo para situarse no panorama artístico internacional.

Máis información no web da Fundación Caixa Galicia e en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Exposicións...