O Verbum exhibe a obra de Andy Warhol mentres que a Fundación Barrié se achega aos carteis

Con moita arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vigo arrecende arte polos catro costados. Despois de que a Fundacion Caixa Galicia inaugurase a semana pasada a mostra sobre Tamara de Lempicka, a Fundación Barrié achega á sede viguesa unha mostra que pretende repasar a evolución e posterior declive do cartelismo durante o século XX. A exposición titulada “100 pósters para un século” inaugúrase hoxe na sede viguesa da Fundación. Canda a ela, o Verbum trae, ata o mes de xuño, unha escolma representativa de Andy Warhol, o pai do pop-art.

Máis información sobre a exposición de Andy Warhol no web do Concello de Vigo, sobre a de cartelismo no web da Fundación Barrié e sobre a exposición de Tamara de Lempicka na nosa nova

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Vigo, Verbum, Pop...