O Centro da Estampa de Betanzos acolle cincuenta gravados de Picasso mentres a Fundación Barrié achega unha selección de artistas do século XX

De Picasso a Warhol

29/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cincuenta obras que recollen a faceta de gravador de Pablo Picasso poderán verse desde este sábado no Centro Internacional da Estampa de Betanzos. A mostra recolle diferentes técnicas e tres grupos de obras que van desde 1919 ata 1965. Ao tempo, a Fundación Barrié abre na súa sede da Coruña "A arte do século XX na Colección Berardo" unha exposición que amosa 39 destacados nomes da creación deste período. Obras de Warhol, Malevich, Duchamp ou Mondrian pódense ver desde onte e ata o vindeiro vinte e seis de novembro nunha mostra única no Estado.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Picasso, Fundación Barrié, Betanzos, Galicia Hoxe...

Claves

Protagonistas
Lugares