A Fundación Barrié cumpre corenta anos cunha mostra dobre que presenta un Picasso descoñecido

Na intimidade con Picasso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Picasso. Laboratorio de estilos” é o título da mostra baixo a que a Fundación Barrié presenta 42 obras do artista malagueño que nunca se expuxeron ata o de agora. Bodegóns, naturezas mortas e retratos compoñen o universo pictórico desta mostra, que se reparte entre as sedes viguesa (desde hoxe) e coruñesa (desde mañá, 18 de outubro) que ten a Fundación Barrié. Esta é a segunda ocasión na a Barrié se achega ao pintor malagueño. Fíxoo en 2002 con “Picasso novo” que bateu marcas de participantes na traxectoria desta fundación que cumpre agora corenta anos.

Máis información no web da Fundación Barrié e en El País

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Picasso, Fundación Barrié, El País, Vigo

Claves

Protagonistas
Lugares