Nun comunicado aos medios o emblemático grupo folk Berrogüetto ven de anunciar dous importantes cambios na súa formación. Deixa o grupo a cedeirense Guadi Galego, cantante e gaiteira de Berrogüetto durante 10 anos, e entra nel, ocupando as mesmas labores, Xabier DÃaz, vocalista, gaiteiro e percusionista. Despois da xira de presentación do seu traballo de aniversario “10.0”, o grupo afronta asà un ano cargado de proxectos e comeza a pensar no seu quinto traballo discográfico. No comunicado a banda agradece a Guadi “os anos dedicados ó grupo, a súa voz, as súas composicións, a súa compañÃa e amizade.” Guadi Galego ten xa dous discos publicados con outros proxectos musicais á marxe de Berrogüetto nos últimos anos, “Espido”, co seu compañeiro de Berrogüetto Guillermo Fernández, e Nordestin@s con Ugia Blanco e Abe Rábade. Xabier DÃaz ten editados os discos “Músicas de Salitre, tamén xunto a Guillermo Fernández, e “Coplas para Icia”.
Tema sobre Nordestin@s nos nosos arquivos