A universidade de Vigo presenta un museo virtual de arte

Reúne case 300 obras da institución localizadas ao aire libre ou nos seus edificios

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A universidade de Vigo presenta un museo virtual de arte

Artistas consagrados como Antón Pulido, Francisco Leiro, Manolo Moldes, Xaime Quessada ou Acisclo Manzano e outros noveis, son os e as autoras das preto de 300 obras de pintura, escultura, gravado e fotografía, e ás que tamén se sumarán vídeos, instalacións e audios, que integran a día de hoxe o Museo de arte da Universidade de Vigo, MAUVI. 

Localizadas ao aire libre, en escolas e facultades e en edificios administrativos dos tres campus, as 287 obras que integran esta recompilación do patrimonio artístico da UVigo nunca antes foran reunidas nun repositorio dixital co dobre obxectivo de, por unha banda, agrupalas, neste caso nunha páxina web, e pola outra, dalas a coñecer á comunidade universitaria e á sociedade. Así mesmo, a web do Museo tamén inclúe unha “peza do mes”, encargada a unha persoa coñecedora da obra elixida e á que se lle dará difusión a través da web e de redes sociais.

Que che parece esta nova?
145 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Acisclo Manzano, Xaime Quessada, Francisco Leiro...