As obras de Manolo Paz convértense nun museo ao aire libre en Cambados

Museo de aire libre

É, xunto con Francisco Leiro e Antón Lamazares, un dos artistas máis recoñecidos dentro das nosas fronteiras. O traballo de Manolo Paz (Cambados, 1957) espállase ao redor do seu obradoiro na súa localidade natal, formando un curioso museo ao aire libre. Pero, segundo publica hoxe “EL País”, non naceu con vocación de museo, senón que o artista vai colocando neste espazo obras representativas da súa traxectoria. Unha forma de ver a obra deste artista que aínda non se puido ver en ningún centro de Galicia.

Máis información en El País