Alba Castillo Costa, na modalidade de escultura, Rosa Pardal Aragunde na de fotografÃa e Mohamed El Amine Asselman e Elena Matamoro Gómez de los Infantes na de "varios", son os catro gañadores da XVª edición do certame Novos Valores, convocado anualmente pola Deputación de Pontevedra, que pretende impulsar os artistas galegos ou aqueles que residan en Galicia. Foron nesta edición 23 obras presentadas no apartado de pintura, 26 obras no de escultura, como fotografÃa presentáronse 21 obras e no debuxo foron 13, o mesmo número que en gravado. Oito foron as pezas audiovisuais presentadas e 1 no apartado de deseño. O epÃgrafe Varios recibiu 5 obras a concurso. O xurado seleccionou nun primeiro momento 3S obras das que posteriormente elixiu as catro gañadoras. A catro obras seleccionadas recibirán a adxudicación de catro bolsas, cada unha por un importe de sete mil cincocentos euros brutos, para que autoras e autores amplÃen os seus estudos artÃsticos.