As obras dos Novos Valores da arte móstranse en Pontevedra

O Museo Provincial recolle obras gañadoras e seleccionadas do certame da Deputación

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
Compartir:
Blanca Nieves Lourés. Ternura.

Blanca Nieves Lourés. Ternura.

As obras gañadoras do certame anual Novos Valores, organizado pola Deputación de Pontevedra, e outras 25 obras seleccionadas das que se presentaron a ese certame poden verse no Museo de Pontevedra ata o vindeiro día 16 de setembro. Entre as obras expostas atopamos as pezas gañadoras da edición 2018 do certame. As obras teñen diferentes categorías, entre as que atopamos: pintura, escultura, debuxo, gravado, vídeo e fotografía. Os premios en forma de bolsas para a ampliación de estudos recaeron este ano nas obras Lo merecido, de Natalia Umpiérrez; My statementa, performance audiovisual de Noela Covelo; o vídeo Synth-BIOs-sobreinformación, de Lois Búa e Ternura, pintura de Blanca Nieves Lourés. Nesta edición, o certame Novos Valores recibiu case un centenar de traballos dos que foron seleccionadas para formar parte da exposición 25 de diferentes disciplina.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Debuxo, Deputación de Pontevedra, Museo de Pontevedra