Hoxe inaugúrase no Museo de Pontevedra a exposición 'Novos Valores 2023', que reúne as 20 pezas finalistas no certame de Artes Plásticas Novos Valores da institución dependente da Deputación de Pontevedra. O xurado, que fixo esta seleccón de entre as 50 presentadas a concurso, elixiu esta semana as obras gañadoras da edición de 2023: son as obras '1851-1888 – 1900' (técnicas pictóricas mixtas en impresión reactiva sobre twill de seda), de Sandra Barreiro Parquiña; 'Estados intermedios Estados residuales' (técnica mixta, acumulación, instalación, performance), de AntÃa Iglesias Fernández; 'Canto custa unha imaxe?' (videoensaio), de Andrés Sanjurjo GarcÃa; 'Percorrer, atravesar, andar' (escultura feita con bidón metálico, colchas e alfombra), de LucÃa Perdiz Dávila. Cada unha delas recibirá unha das catro bolsas de 7.500 euros para que amplÃen os seus estudos artÃsticos. As obras seleccionadas forman parte das 50 obras aceptadas no concurso, que inclúen pinturas, esculturas, instalacións, debuxos, deseños, gravado, fotografÃas, cerámicas, vÃdeo creacións e pezas de costura. Delas o xurado fixo unha primeira criba de 20 creacións finalistas, entre as que escolleu as catro gañadoras. Estas 20 obras finalistas exhibiranse na exposición que o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa DomÃnguez, inaugura hoxe ás 12:00 h no claustro do Edificio Sarmiento, onde estarán expostas ata o 24 de setembro.
Ruth Vidal gaña o certame de Ourense
Tamén a Deputación Provincial de Ourense ven de recoñecer aos novos artistas co fallo da XVIIª edición do seu certame internacional de artes plásticas para novos creadores. A arousá Ruth Vidal Suárez resultou coa súa obra "Lugar de lugares", un traballo que mestura pintura e instalación e que reflexiona sobre a paisaxe, tanto natural como artificial. Vidal, que recibirá un premio de 5.000 euros, impúxose nunha edición á que se presentaron 276 obras procedentes de 12 paÃses distintos. O segundo premio do certame foi para o madrileño Jorge Fernández Valdés, pola súa obra "Ensamble pictórico 8 sobre prisma de mármol negro", que combina pintura e escultura; mentres que o terceiro premio, con 2.000 euros de dotación, recaeu na artista de Bueu Nerea Cordeiro Cerviño, pola peza "Ciudades Telaraña", un traballo onde combina o debuxo coa instalación adaptada ao espazo expositivo. Verónica Vicente co vÃdeo "(Des)Vestirse" e Andrés Rivas RodÃs coa pintura "El discurso del rostro" resultaron galardoados con dous accésits dotados con 1.000 euros cada un deles. Do mesmo xeito que no caso de Pontevedra, o certame dará pé a unha futura exposición que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires de mediados de setembro na que, ademais dos premiados, poderá verse unha selección do xurado cun total de trinta obras entre as 276 presentadas.