
En canto ao destino das bolsas dotadas con 7.500 euros. Rebeca López ten intención de continuar a formación artÃstica vencellada coa xestión e a redacción cultural a través da realización dalgún mestrado. Adrián Solleiro a usará para continuar co proxecto iniciado coa obra gañadora, e tamén para formarse grazas a cursos sobre anatomÃa aplicada á escultura, pintura con aerógrafo, procesos técnicos da escultura ou incluso sobre electrónica e robótica, cuestión que considera interesante para incorporar ás súas pezas. Diego del RÃo Comesaña (Ferrol) fará grazas a ela varias viaxes de formación, coma unha estancia de investigación na Academia di Belle Arti di Brera (Milán) a finais deste ano, unha residencia artÃstica no Shangyuan Art Museum de Pekin durante tres meses aÃnda por determinar, e tamén unha na Residencia Corazón de Bos Aires. Finalmente, o destino da bolsa de Daniel Cerecedo Bretal (A Pobra do Caramiñal) será formalizar a matrÃcula no programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea (na Facultade de Belas Artes de Pontevedra), asà como custear os gastos derivados destes estudos.