A Asociación O Naranxo enche de arte as rúas de Lalín

O proxecto Arte na rúa amosa 60 obras de 32 artistas en diferentes espazos da vila

As rúas Loriga, Principal e a Praza da Torre de Lalín son desde este 31 de agosto unha galería de arte ao aire libre. Un total de sesenta pezas dunha trintena artistas, a incluír nomes como Laxeiro ou Acisclo Manzano, compoñen o proxecto Arte na rúa, que se insire na celebración da Algarabía desde 2025.

A Asociación Cultural O Naranxo correu coa organización deste encontro, que conta coa participación de nomes da arte local e que xurdiu dunha convocatoria aberta á participación. Para alén de artistas en activo, o proxecto recupera pezas de nomes "do trasmundo", xa falecidos como son Laxeiro, Vidal Payo, Wily, Manolo Moldes, Paco Pestana, Eduardo Meijomence e Luis Areán.

A estes súmanse traballos de Olalla Garra, Ascisclo Manzano, Paío, Julia Ferradás, Maruxiña Ferradás, Armindo Salgueiro, Aitana Iglesias, Carlos Santos, Nicolás G. Aller, José Luis Abeledo Bibí, Lucía Ferradás, Carlos Gimeno, Berta García, Max Medina, Olalla Framiñán, Álex Dávila, DJ Antóan Carmen Payo, Juanjo Sarandeses, Noelia A Ferreira, Mar García, Noa Blanco, Inés Benito Pérez e A Lúa Blai de Tortosa.

A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 7 de setembro, a coincidir co final das actividades da Algarabía.