O proxecto Atalaia converte Cangas nun escenario para a arte contemporánea

Unha selección de trinta creadores amosa mañá os seus traballos en tres espazos da vila

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O proxecto Atalaia converte Cangas nun escenario para a arte contemporánea

O Auditorio, a Casa da Cultura e a praza de Cangas serán mañá, 4 de marzo, os escenarios de Atalaia. Este proxecto que comisaria Francisco Porto fará da vila mariñeira un espazo dedicado á arte contemporánea no que cada un dos espazos acollerá unha iniciativa artística diferenciada. Deste xeito a Casa da Cultura concentrará unha mostra dos traballos fotográficos de cinco artistas arredor do territorio, mentres na praza enfrontaransese os gravados de estudantes de Belas Artes cunha selección de obra de sete creadores. Finalmente o Auditorio expón o labor de artistas galegos novos que mesturan tradición e vangarda. Nomes como Juan Fontiña, Iago Fernández Díaz, Nilo Arias, Yatir Fernández, Juan Fontaíña, Julia Huete, Xisela Franco ou Pablo Barreiro, entre un total de trinta participantes, fan parte do programa.

Atalaia nace coa intención de difundir a arte actual "no territorio periférico da contemporaneidade galega" da man da revista Latamuda e coa colaboración do Concello de Cangas e da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Casa da Cultura, Belas Artes, Concello de Cangas...