Compostela acollerá a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

O Auditorio de Galicia amosará cen pezas de creadores galegos e internacionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Compostela acollerá a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Unha selección de pezas da vangarda mundial no campo da ilustración. Isto é o que propón a Miic, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, unha iniciativa pioneira no país que abrirá as súas portas o vindeiro 21 de marzo. Matilde Rodríguez Domínguez comisaría un proxecto no que se atoparán traballos de creadores galegos e foráneos como Cinta Arribas, Carlos Arrojo, Arnal Ballester, Gary Baseman, Los Bravú, Marina Capdevila, Eme, Cristóbal Fortúnez, Ilustradores a la mesa, IlustraDots, José Ja Ja Ja, Jano, Martin Jarrie, Martín López Lam, Pepe Medina, Sergio Mora, Nobrow, Sara Pazos, David Sierra e Alberto Vázquez.

A mostra pretende resaltar "o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen", segundo explica o texto de presentación, e permite achegarse "ao traballo máis creativo dalgúns dos artistas máis influentes deste século, ao mesmo tempo que descubriremos proxectos novos que están a despuntar dentro do panorama actual, especialmente en Galicia, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade". A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 25 de xuño.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Alberto Vázquez, Bravú, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos