A Revista Dot reúne unha vez máis, como xa fixera hai dous anos, a cincuenta ilustradores actuais nun libro que supón un dos máis completos catálogos da ilustración do paÃs. O libro IlustraDots Vol.2 editouse grazas a unha campaña de achegas económicas individuais iniciada na plataforma Verkami e que conseguiu superar os 6000 euros solicitados para sacar adiante este libro como xa ocorrerar co primeiro volume. A revista cultural reúne unha selección propia de ilustradores e ilustradoras entre os que hai artistas emerxentes xunto a nomes moi coñecidos no sector editorial e da banda deseñada como Santy Gutierrez, Roberta Vázquez, Miguel Robledo, Jacobo Fernandez Serrano, Xulia Vicente Manel Cráneo ou Fran Bueno entre outros. Nas máis de 200 páxinas en cor de IlustraDots Vol.2 se presentará cada autor cunha breve descrición do seu traballo e unha mostra de obra de seis imaxes deixando presente, segundo os impulsores desta edición que "a ilustración galega está pasando por un perÃodo dourado no que se atopan unha xeración envexable de artistas." IlustraDots. Vol.2 presentarase este sábado no Auditorio de Galicia, en santiago, dentro do marco da Mostra Internacional de Ilustración Contemporanea de Galicia (MiiC) que se está a celebrar neste recinto e que inclúe unha parte dedicada ao integrantes do primeiro volume.