A proposta da revista Dot de facer un catálogo cunha selección de cincuenta ilustradores galegos amosa a potencia co que está a desenvolver esta disciplina no noso paÃs. Novos espazos, estilos e xeitos de se achegar á ilustración están a contribuÃr a facer desta unha arte autónoma que busca saÃr dos nichos e se reivindica como apta para todos os públicos.
Desde hai dúas semanas está á venda Ilustradots un catálogo que recolle mostras do traballo de cincuenta ilustradores do noso paÃs. Un ambicioso proxecto que se desenvolveu da man da revista Dot e que conseguiu facerse realidade mediante unha campaña de Crowdfunding. "Polo momento a resposta é moi boa. Chaman persoas interesadas en se facer co volume e tamén librarÃas e mesmo artistas interesados en participar". A revista, especializada en arte e cultura no noso paÃs distribúe arredor de 12.000 exemplares en preto de 1.000 puntos de distribución en A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.
A aposta por publicar un monográfico dedicado a esta disciplina en concreto débese, segundo Raúl Bermúdez, un dos responsables da revista Dot e coordinador desta iniciativa, a que "a ilustración está a vivir un momento bastante álxido non só en Galicia senón en todo o mundo en xeral. E se ben no mundo da música si que se ten bastante presente a Galicia, nestoutro campo semella que non se nos fai moito caso, entón pensamos que co gallo do décimo aniversario da revista era un bo momento de amosar todo este mundo".
A conexión Dot
Para facer a selección, optaron por 50 autores que cumpren o criterio de ter colaborado nalgún momento coa revista Dot. "PoderÃan ser 100 ou 150, hai moita xente en Galicia está a despuntar". Malia a ese elemento común, Bermúdez apunta que "unha das cousas boas que hai no libro é que se perciben 50 creadores con 50 estilos diferentes. Non diremos que totalmente diferentes pero si que é difÃcil atopar unha liña a común fóra da grande calidade que amosan". Nomes como Julia Abalde, Xiana Alonso, Roberto Argüelles, Guillermo Arias, Cinta Arribas, Carlos Arrojo, Raul Bermudez, Los Bravú, Michel Casado, Alba Casanova, Sergio Covelo, Nuria DÃaz, Berto Fojo, Cristobal Fortunez, Xose Lois GarcÃa, Jano, Miguel Porto, Humber jumber, Santi Jimenez ou Bea Lobo son algúns dos que contribúen coa iniciativa.
Novos espazos
Como grande peculiaridade do momento actual, Bermúdez salienta o feito de que esta forma de creación estea a conquistar novos campos. "Está a se abrir moitÃsimo, xa non é só algo orientado ao público infantil e xuvenil ou que se empregue unicamente ilustrar columnas nos xornais". De feito, segundo advirte "está a mudar a relación entre texto e ilustración. Ata o de agora era habitual que o ilustrador tentase pór en imaxes o que facÃa o autor do texto, pero agora o debuxo está a coller voz propia e a ter un peso máis especÃfico". Na mesma liña, este editor advirte que "en ámbitos como os carteis, xa se fai difÃcil separala do deseño, fica todo integrado como ilustración". Para alén de ámbitos, a ilustración tamén semella que conquista novos formatos. "A nivel comercial detéctase un certo interese por esta disciplina, cada vez hai máis ilustración presente en formatos como broches ou camisetas", ou mesmo tazas e outros elementos. O auxe desta arte comeza a se deixar sentir tamén na consideración que este xeito de arte ten en galerÃas e museos, onde está cada vez máis presente. "Está aÃnda comezando a crecer, penso que nuns anos terá un peso aÃnda maior", asegura Bermúdez.
Máis que a tecnoloxÃa
Como parte da explicación deste auxe, Bermúdez salienta que "Internet facilita que o traballo desta xente poida moverse moito máis". Ao tempo, "a tecnoloxÃa está moi ben, pero cando contas algo o importante o toque persoal que se dá. Se tecnoloxÃas como o 3D permiten unha recreación da realidade, a ilustración pode ter o punto de ser unha interpretación. En xeral a xente segue a ter gana de contar cousas e de escoitalas". AÃnda que poida semellar paradoxal, tamén relaciona a maior liberdade creativa coa que traballan os autores coa situación de crise económica. "As posibilidades de editar están a se complicar e entón a xente opta por tirar para adiante, facer o que lles gusta e, en moitos casos optar pola autoedición".
Novos ilustradots
Logo do éxito obtido polo volume, "a nosa idea é publicar cada certo tempo un novo volume. Non queremos facer algo cunha periodicidade marcada, pero estamos a ver que hai unha boa resposta e pensamos que se pode facer outra escolma". Polo de agora, o formato impreso manterase como escolla para o proxecto. "Ao igual que a revista, poderÃamos publicar en liña e asà incluÃr vÃdeos ou ligazóns, pero pensamos que se perde algo do fÃsico. Non é o mesmo ler na pantalla de tocar, pasar as páxinas. Pensamos que ese é un encanto que está tamén vencellado coa experiencia da ilustración" asegura Bermúdez.