O Centro Ágora acollía na tarde onte a presentación de Coruña Gráfica. O Concello Herculino acaba de presentar esta guía profesional na que recolle traballos, nalgúns caos inéditos de 69 autores e autoras de campos como a ilustración, a animación, o humor gráfico ou a banda deseñada vencellados á cidade. O volume, do que se imprimiron 800 exemplares, contará tamén en breve cunha versión electrónica e distribuirase por empresas como produtoras audiovisuais, medios de comunicación, editoriais ou axencias de ilustración entre outras. Para alén de mostras de creadores como Javi Montes, Santy Gutiérrez, Emma Ríos ou Manel Cráneo, o volume acolle tamén textos sobre a ilustración na cidade da man de Xulio Carballo, Henrique Torreiro e Carlos Amil.