Lalín convérsese cada dous anos nunha referencia da arte contemporánea. ¿O motivo? A celebración da VII Bienal Laxeiro que toma o seu nome do artista galego nado nesta localidade pontevedresa. Durante case un mes as obras tanto de artistas consagrados como novos colgarán do museo local. Unha iniciativa que ten especial interese porque supón abrir unha fenda nas exposicións de arte contemporánea que se organizan na fachada atlántica.
Hai varios motivos polos que resulta destacada a Bienal Laxeiro. En primeiro lugar, porque é un evento que toma o nome dun dos artistas máis coñecidos da plástica galega como é Laxeiro (José Otero Abeledo, 1908-1996) para promover tanto a obra de artistas galegos, como estranxeiros. En segundo lugar porque a Bienal conta xa con sete edicións e neste camiño foi educando a o público do interior exhibindo obras con cada vez máis calidade. De feito, Paío artista e comisario da exposición asegura que foi medrando a sensibilidade do público porque ao principio a xente ríase das obras dicindo que esto fágoo eu e hoxe o debate do público xa é mais profundo. Existe un terceiro motivo, que é o feito de que este evento é quen de xuntar a artistas consagrados sen descoidar unha nutrida representación de xente nova, con apostas innovadoras e renovadoras. E, por último, a Bienal ten 15 anos de vida, que o converte nun evento lonxevo e xa asentado no público. Paío, que estivo vencellado ao proxecto desde o principio asegura que foi un camiño lento e traballoso. Ao principio, hai uns 15 anos, comezamos a falar de que queríamos facer algo relacionado con Laxeiro porque é un artista que naceu aquí. Falamos co alcalde de Lalín que desde o primeiro momento estivo moi motivado e, como presentación fixemos unha exposición centrada nas figuras de artistas locais como o propio Laxeiro, Sucasas, Colmeiro, Lamazares ou Álvaro Negro. Foi o xermolo da actual Bienal Laxeiro que foi sumando edicións e que cada vez funciona mellor.
Esta VII edición
O propio Paío que ademais de ser comisario da Bienal é membro habitual do xurado destaca da edición deste ano a versatilidade dos artistas porque na selección hai exemplos de todas as tendencias. Nas 44 pezas expostas hai membros de artistas galegos, doutras comunidades e cinco chegados doutras partes do mundo.
Ademais da exposición que se inaugurou o pasado día 13 de maio e que estará aberta no museo municipal (que, por certo, abre ao público logo da súa ampliación) a Bienal conta, no seu compromiso de educación social na arte contemporánea con outras actividades. Son o que chaman as discusións redondas, unha serie de conferencias que teñen a arte contemporánea como motivo. Este ano os críticos David Barro e Susana Sendón son os encargados de achegar o seu gran de area para divulgar a arte contemporánea. A conferencia de David, asegura Paío, era máis específica porque falaba da obra de Antón Lamazares e estaba destinada aos rapaces do instituto, mentres que a de Susana é máis global porque fala sobre a arte contemporánea en xeral.
A bienal, evento que organiza o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa do Concello de Lalín, ten unha serie de alianzas que permiten que a Bienal teña trascendencia máis alá da duración do evento. Conta Paío que a Fundación Laxeiro selecciona a un dos artistas que exhibiron na Bienal para organizar unha exposición individual con catálogo, mentres que a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño selecciona a outros tres ou catro para formar parte dos encontros internacionais que se celebrarán o ano que vén (tamén son cada dous anos). Con respecto ao público, desde o concello manifestan estar bastante satisfeitos cos niveis acadados nestes anos. Asegura que con 50 ou 60 persoas por conferencia é un éxito porque é unha vila pequena (segundo datos do INE Lalín ten case 9.000 habitantes).
A bienal no seu tempo
Este evento ten como característica xeral que ademais da exposición diferentes empresas da zona do Deza así como dúas entidades bancarias teñen o compromiso de adquirir obra por aproximadamente 24.000 euros. O propio Paío explica o procedemento nós temos un xurado que selecciona obra que é a que se exhibe e unha vez inaugurada a bienal veñen as empresas cos seus asesores e compran obra.
A Bienal de Lalín forma parte dunha nutrida representación de exposicións que teñen unha periodicidade de dous anos como son as que teñen lugar en Lugo, Sarria (a única anual), na comarca do Sar e a coñecida como Valdearte. Son eventos menores dentro das grandes citas da arte contemporánea pero que teñen o valor da deslocalización do eixe costeiro. A arte contemporánea ten o seu caldo de cultivo nos centros creados na fachada atlántica entre o Macuf (Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa) e o Marco (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) pasando polo CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), por iso resultan destacados estas iniciativas menores, impulsadas desde os propios concellos para achegar ao público interior mostras da situación actual da arte contemporánea sen terse que mover da súa localidade.