Lalín celebra a XXVI edición da Algarabía

Dentro do programa acollerá o proxecto Un disparo de advertencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha simbólica recolocación de marcos de delimitación entre Lalín e Donramiro,unha parroquia próxima, abre a XXVI edición da Algarabía. Un encontro festivo organizado pola Asociación Cultural O Naranxo que inclúe música (Sobredosis, Síntoma Anarkista, Morne, Ërglis, Spirit of a dog e Second Army en dúas convocatorias), arte (as exposicións de Alberto Oro), unha peculiar manifestación libre (a organización ofertará as pancartas para que cada quen poña o seu lema) e unha poxa de tor-tazos, entre outras actividade. Este ano destaca a a proposta Un disparo de advertencia, na que seis artistas elaborarán as súas creacións nas rúas da localidade.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares