Entre abril e outubro, Vigo acollerá a primeira edición dun proxecto que quere achegarlle a arte á cidadanÃa. A iniciativa Cidade de soños componse de tres liñas. Por unha banda, 5 artistas realizarán intervencións no centro da cidade e as súas obras quedarán como parte da paisaxe urbana. Pola outra, crearase con participación popular un mural de quince metros de lonxitude e tres de alto no Parque de Castrelos. Finalmente, unha exposición de escultura ao aire libre transformará os xardÃns do Pazo de Castrelos con obras de diferentes autores que explorarán as relacións entre arte e natureza.