Unha mostra colectiva presenta a obra de 100 artistas galegos en Brasil

Supón a continuación dun diálogo comezado cunha exposición en Vigo o pasado verán

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha mostra colectiva presenta a obra de 100 artistas galegos en Brasil

O Centro Cultural Municipal Parque Glória Maria de Río de Janeiro, no barrio de Santa Teresa da cidade carioca, acollerá desde o vindeiro 24 de xaneiro a exposición '100/Sem Brasileiros em Cartaz - 100 Artistas Galegos en Cartel', pola cal poderán verse as obras de ata douscentos artistas de ambos lados do Atlántico. Esta exposición, organizada polo colectivo brasileiro Imaginario periferico e a galería viguesa Apo’strophe.arte, é a segunda dun diálogo artístico que xa tivo inicio en Vigo o pasado verán. No proxecto conflúen obras en diversos formatos, incluíndo pintura, debuxo, escultura, arte dixital ou audiovisual, de creadores contemporáneos que plasman nun cartel que os represente. A mostra xira arredor dunha reflexión compartida sobre as identidades periféricas, a memoria, a resistencia e a creación contemporánea desde as marxes. No centro cultural da cidade brasileira poderá visitarse ata o 15 de febreiro.

Que che parece esta nova?
258 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Vigo, Debuxo, Galería...

Claves

Conceptos