Vigo conmemora a doazón do pazo de Castrelos

Preséntase o programa de actividades do centenario

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pazo de Castrelos. Foto: HombreDHojalata / Wikipedia

Pazo de Castrelos. Foto: HombreDHojalata / Wikipedia

A doazón do pazo e do parque de Castrelos en 1925 ao concello de vigo foi un "feito que marcou a historia e a forma de entender a cidade", sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, na presentación do programa de actividades que conmemora o centenario da doazón deste importante equipamento cultural. O pazo eran propiedade do marqués de Alcedo, Fernando Quiñones de León, marqués de Mos e de valladares, quen doou o pazo a condición de que o concello fora propietario perpetuo e que se destinara a "museo de arte rexional" ou calquera outro fin benéfico e artístico. O programa presentado onte incluirá exposicións no Museo Quiñones de León, na pinacoteca Fernández del Riego e na Casa das Artes, xornadas formativas e divulgtivas sobre xardíns históricos e o propio pazo de Castrelos. As exposicións programadas serán, na pinacoteca Fernández del Riego, "Yrene Ceballos. Relato verídico da viúva de Policarpo Sanz" e "Concello de Vigo. Cen anos de coleccionismo de Arte Galega", a partir de outubro. Na Casa das Artes tamén haberá outra sede da exposición sobre o coleccionismo do concello vigués, e "Luis Torras. O pincel persistente", aberta desde abril a maio.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castrelos, Exposicións, Casa das Artes, Concello de Vigo...