Vigo celebra unha Noite Branca nos seus museos o día 9

Os centros acollerán concertos, visitas guiadas e outras actividades ata as dúas da mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Museo Quiñones de León, o Verbum, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes, a Fundación Laxeiro, o MARCO, o Museo Liste e o Centro de Artesanía Tradicional son os espazos que fan parte o vindeiro venres 9 das actividades da Noite Branca en Vigo. O Concello organizou, no marco do seu programa de festas, este programa nocturno que inclúe concertos, visitas guiadas e teatralizadas e outras actividades para o vindeiro venres a partir das 19:30 horas. Dentro da proposta inaugurarase a exposición NOWHERE. Propostas fóra de lugar na Casa das Artes. Os centros permanecerán abertos ata ás dúas da mañá.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Casa das Artes, Museos, Laxeiro, Francisco Fernández del Riego...