Vigo prepárase por terceiro ano consecutivo para a celebración da súa Noite Branca dos museos municipais. A ConcellerÃa de Cultura promove este evento que se desenvolverá o venres 12 de agosto e que supón a ampliación do horario normal de funcionamento dos centros citados ata as 02:00 h (madrugada do sábado), ademais, inclúe unha serie de actividades paralelas como visitas guiadas (algunhas precisan inscrición previa), concertos musicais tanto nas rúas próximas como nos propios centros, exposicións, etc. Esta iniciativa pretende salientar o patrimonio e actividades dos centros que forman parte da Rede MuseÃstica e Expositiva do Concello de Vigo (Pazo-Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo e Museo Liste-Etnográfico de Vigo), asà como os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da concellerÃa de Patrimonio Histórico, a “Sede Afundación Vigo” e o Museo do Mar de Galicia. A oferta, aberta a todo tipo de público, realÃzase seguindo criterios de gratuidade, participación da cidadanÃa, sustentabilidade e novidade.