Vigo abre hoxe os museos na Noite Branca

Dende as oito da tarde e ata as dúas da madrugada os centros expositivos estarán abertos e ofrecendo actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedadePolíticas Culturais
Compartir:

Este venres ten lugar en Vigo a Noite Branca, un proxecto do Concello para desfrutar e mostrar os museos e centros culturais da cidade nun horario excepcional e cun programa no que as coleccións e as exposicións se revisten de extensións musicais e outras actividades. Os dez espazos pertencentes á Rede Museística e Expositiva de Vigo abren as súas portas ata as dúas da madrugada para dar a oportunidade de saborear a cultura dunha forma moi especial. MARCO, Pazo - Museo Quiñones de León, Casa Galega da Cultura, Verbum, Xacemento Arqueolóxico da Vila Romana de Toralla, Museo Liste, Fundación Laxeiro, Casa das Artes, Finca Solita e Pinacoteca 'Francisco Fernández del Riego integran esta oferta nocturna que ademais do acceso inclúense visitas guiadas, concertos, obradoiros, etc. A iniciativa contén a súa filosofía de gratuidade, sostibilidade e participación.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Francisco Fernández del Riego, Laxeiro, Exposicións...