Os museos vigueses preparan a súa Noite Branca

Celébrase o 8 de agosto con concertos, visitas guiadas e actividades especiais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Co centenario do achado do Pergamiño Vindel como eixe, Vigo celebra por segundo ano consecutivo a súa Noite Branca. Os centros da Rede Museística da cidade (Quiñones de León, Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO, Museo Liste e Centro de Artesanía Tradicional) abrirán na noite do venres 8 de agosto ata as 2 da mañá incorporando visitas guiadas, concertos e actividades á súa programación.

A iniciativa inclúe tamén os concertos O segredo do pergamiño Vindel: 100 anos de música para as cantigas a cargo do grupo Sanfonetto. A interpretación irá acompañada do relato da historia deste documento que revolucionou o coñecemento sobre a lírica medieval galega. Os concertos serán ás 21:00 h no Pazo-Museo Quiñones de León e ás 23:00 h no salón de actos do Verbum.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Verbum, Laxeiro, Francisco Fernández del Riego...