José Luis Prieto presenta en Narón o primeiro espectáculo da súa nova compañía

Compañía propia

9/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
40 pasos. É o nome da nova compañía de Jose Luís Prieto, o autor teatral galego que conta no seu haber con dous premios Max. A nova agrupación presentará en Narón os vindeiros 25 e 26 de xaneiro o seu primeiro espectáculo “O ridículo desamor dun home máis ou menos normal”. A representación é unha das montaxes que inauguran a temporada do auditorio de Narón, que se estrea o sábado con “Rebeldías posibles”, a cargo da compañía madrileña Cuarta Pared.

Máis información no Diario de Ferrol e sobre Jose Luis Prieto na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Espectáculo, Montaxes, Culturagalega

Claves

Entidades
Lugares