Ponte de Cruzul. Fonte: Ministerio de Cultura
Apenas cinco meses despois da incoación do expediente, a Ponte de Cruzul, en Becerreá, xa é Ben de Interese Cultural (BIC). O Consello de Ministros deste 17 de marzo aprobaba o recoñecemento na categoría de Monumento desta construción histórica, a lle outorgar a máxima protección que establece a lei para elementos patrimoniais
Segundo lembra o Ministerio de Cultura, a ponte foi proxectada polo enxeñeiro francés Lemaur no século XVIII como parte da infraestrutura viaria para conecta Madrid con Lugo, A Coruña e Ferrol mediante o Camiño Real. Única ponte neoclásica da provincia de Lugo, ckonta con 3 arcos de medio punto de 12 metros de diámetro, unha altura total de 29,20 metros e unha lonxitude de 93.
A declaración dá conta tamén da pegada do monumento na historia local, ao ser escenario de loitas durante a Guerra da Independencia española, feitos que se rememoran anualmente cunha recreación histórica.
_wikipedia.jpg )



