Ir ao contido directamente.


Reportaxes

Érguense voces na raia

Xénero: Coral | 3 / 5 / 2005

Encontrar un disco no que participan quiñentos intérpretes non é sinxelo. Se ademais é un proxecto realizado desde centros de ensino de dous países veciños celebrando un patrimonio oral común estamos sen dúbida ante un proxecto único no mundo. Por se fose pouco, este proxecto desenvólvese aquí mesmo, entre o Sur de Galicia e o Norte de Portugal, a partir da iniciativa “Ponte... Nas Ondas”.

Disco con etiqueta

Xénero: Pop | 27 / 4 / 2005

¿Imaxinan un disco galego do ano? Pois moi pronto será unha realidade. Unha empresa, un compositor musical e nove mozos que acaban de editar o seu primeiro disco veñen de embarcarse nesta aventura. Unha iniciativa na que o público vota cal será o disco do ano. O resultado saberémolo o vindeiro día 20 de maio no transcurso dunha gala en Santa Cristina.

O Lugo máis clásico

Xénero: Clásica/Lírica | 19 / 4 / 2005

A Coruña, Santiago e Vigo teñen un rival nas citas imprescindibles de música clásica. Trátase de Lugo, a cidade que hoxe inaugura a unha nova edición do Festival de Música clásica. Un programa modesto e variado que ofrece, entre outros atractivos, a estrea no noso país dunha das mezzo máis importantes do panorama lírico actual. Coa actuación de Vivica Genaux, Lugo descentraliza o eixe Coruña-Vigo que ata o de agora marcaba a batuta.

Os significados do Lume

Xénero: Folk | 30 / 3 / 2005

Lamatumbá é unha banda que naceu hai oito anos co afán de combinar os sons da batería, coa gaita, o baixo e acordeón para mover os pés e actualizar a verbena popular, facéndoa máis funcional e moderna. Logo dun primeiro disco máis experimental, acaban de atopar a súa esencia con “Lume”, un traballo que sona a Lamatumbá en esencia pura. ¿Queredes Lume?

Bótalle sal

Xénero: Electrónica | 14 / 3 / 2005

Lali Puna é unha formación alemá que ofrece unha proposta que combina música electrónica e pop. O seu nome sona con forza nos circuitos independentes e alternativos pero pronto ocupará portadas de revista e arrasará nas radios. Con eles hoxe abre as súas portas o festival Sinsal de Inverno. Unha proposta fresca, innovadora e independente que pretende conseguir que non pare a música.

Música para ler

Xénero: Folk | 12 / 1 / 2005

Esta mesma noite, un concerto servirá de presentación para a última revista de actualidade musical que se presenta no noso país. "Distrito Son" nace coa intención de abordar todo tipo de estilos musicais. Esta proposta súmase á revista gratuíta "Folkus", especializada en Folk, e que se presentaba o pasado mes de novembro. Logo de anos de seca neste campo, a música pódese ir lendo en Galicia.

Da lareira ao CD

Xénero: Miscelánea | 6 / 10 / 2004

A recollida de tradición oral é unha actividade na que participan diferentes colectivos e persoas do noso país. A asociación cultural Conversas tamén o fai, coa peculiaridade de que teren sido pioneiros en introducir este tipo de contidos en Internet e en empregar o formato dixital para os arquivar e distribuír. Ademais, a asociación desenvolve esta actividade como parte do proxecto educativo do Instituto de Ensino Secundario Urbano Lugrís da Coruña, sendo os propios alumnos os que se fan cargo da elaboración destes materiais.

Compoñedores de notas

Xénero: Clásica/Lírica | 28 / 9 / 2004

Até o vindeiro tres de outubro, os domingos do museo de Belas Artes da Coruña están dedicados á música galega. Máis exactamente ás composicións feitas aquí e que habitualmente non entran no repertorio das grandes formacións orquestrais. Son os ciclos de concertos que desde hai doce anos promove a Asociación Galega de Compositores.

O dúo Curros&Chané

Xénero: Clásica/Lírica | 14 / 9 / 2004

A vida e obra de Curros Enríquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) fai parte do noso universo literario. De sobras é ben coñecido a súa poética, as súas crónicas xornalísticas como correspondente de guerra, talvez menos sonada é a súa relación formal co protestantismo e coa masonaría. Mais hai unha amizade pouco comentada na súa biografía, a que mantivo con Chané (José Castro González), que deu lugar ao inicio da coñecida como canción galega. Isto e moito máis está nun volume dobre que o Consello da Cultura Galega presenta hoxe en Celanova.

Milladoiro de estrelas

Xénero: Folk | 9 / 8 / 2004

Un milladoiro é un monte de pedras pequenas amoreadas pouco a pouco polos peregrinos ou romeiros que se dirixen a un lugar de culto relixioso. Pero en Galicia hai outro Milladoiro, con maiúsculas, que leva anos espallando a música galega por todo o mundo. Con varios discos e numerosos premios, Milladoiro é máis que un grupo musical, soporta nas súas costas ser considerado unha icona da cultura galega.

<< Inicio / Anterior . 31 a 40 de 70 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR