Noticias
O FIV renace en setembro
Xénero:
| 22 / 7 / 2021En marzo o FIV de Vilalba asumía a imposibilidade de celebrarse nas súas tradicionais datas de primavera, como xa pasara no anterior ano, e desde o concello declaraban a súa determinación de buscar outras datas para que se levase a cabo unha edición este ano. Esa nova edición xa está confirmada tanto en datas coma en cartel, co cal xa é oficial que o FIV está de volta. Será no vindeiro mes de setembro, entre os días 17 e 19 cando terá lugar no concello lugués a 14ª edición deste pequeno gran festival da música independente. O FIV, organizado este ano desde a empresa I-radia Crea, busca " renacer, pero sen perder a esencia", de aí o cartel desta 14ª edición do festival, no que se destaca a importancia e o protagonismo de Vilalba.
O Sinsal Esencial retransmitirá a través dun anovador escenario virtual
Xénero:
| 21 / 7 / 2021A Illa de San Simón acolle de novo, a partir do vindeiro venres 23 e ata o 25, unha edición do Sinsal SON Estrella Galicia baixo a denominación de Sinsal Esencial e cun cartel secreto, como é habitual desta cita. Do cartel artístico sabemos que estará conformado por un total de 14 bandas e artistas de Galicia, España, Portugal e EEUU. Del, destaca a alta porcentaxe de grupos liderados por mulleres ou con integrantes femininas na súa totalidade. É o caso de 9 das bandas do cartel, o que representa o 70% da oferta musical.
Anxo Araújo ten un plan musical para o optimismo
Xénero:
| 20 / 7 / 2021O disco de debut en solitario de Anxo Araújo, Plan de urbanismo para un novo couto mixto (Autoeditado, 2021) supón unha aposta por un pop contemporáneo en galego, inzado de detalles de produción con ventos, electrónicas e outras texturas que achegan un son preciosista.
A Coruña aposta por sacar adiante o Festival Noroeste
Xénero:
| 19 / 7 / 2021Haberá Festival Noroeste Estrella Galicia este ano na Coruña. A presentación oficial de datas e cartel por parte da alcaldesa, Inés Rey, despexou todas as dúbidas tras a cancelación aínda recente dos concertos programados para o estadio de Riazor. A 34 edición terá lugar do 6 ao 8 de agosto e conservará toda a súa esencia e calidade nunha versión similar á do ano pasado que finalmente non se puido realizar. Nesta entrega terán cabida artistas que en agosto de 2020 non se puideron subir ao escenario, moitos deles da escena musical galega.
As pequenas grandes citas dan esperanza ás noites do verán
Xénero:
| 16 / 7 / 2021Coa quinta onda da pandemia petando forte contra as portas a escena musical mantén as súas expectativas, xa limitadas de partida pero cada vez máis eventos amosan a esperanza nunha volta á normalidade e van volvendo aos calendarios. Esta semana ademais ven de comezar o ciclo de concertos Son do Camiño-Perseidas no Monte do Gozo, o máis multitudinario dos eventos celebrados desde fai un ano e medio en Galicia, reunindo ata 5.000 de persoas e marcando unha referencia para moitos outros actos, ciclos e festivais. Algúns destes, máis modestos nas pretensións veñen de anunciar novidades, datas e programas nesta semana.
Ramón Humet faise co XIV Premio Gaos de composición
Xénero:
| 16 / 7 / 2021In the distance é o título da peza que lle valeu ao catalán Ramón Humet facerse co XIV Premio Gaos de Composición Musical. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña recoñeceu este traballo como o mellor dos vinte e un presentados ao concurso. No fallo valórase como "unha obra vivaz e enérxica que afonda con oficio, imaxinación e risco no tempo metronómico, as pulsacións internas e a modulación das súas velocidades, xerando texturas fluídas e cambiantes, plenas de virtuosismo rítmico, harmónico e orquestral".
Colapsoloxías convida a se achegar ao son de xeito creativo
Xénero:
| 12 / 7 / 2021Desde o pasado 1 de xullo está en marcha en Compostela o ciclo Colapsoloxías, un proxecto que convida a se achegar ao son e á música experimental mediante performances, escoitas ou concertos. Colapso Colectivo coordina este programa que comprende un total de 36 eventos, a incluír 20 concertos e Dj set, 5 CoLabs, 6 escoitas circulares e 4 roteiros.
Xisco Feijoó pon en valor a cantiga de creación colectiva en 'Peixe'
Xénero:
| 7 / 7 / 2021Logo dun incesante labor de recuperación etnográfico ao longo de máis de trinta anos, e de colaborar en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de raíz con proxección internacional (como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Berrogüetto, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní, entre outros), Xisco Feijoó presenta o seu primeiro traballo discográfico, Peixe (Sorte Discos), unha creación que bebe do máis puro e ancestral para achegar a modernidade alén das peixeiras. O álbum é o resultado dun incesante traballo de recuperación polas aldeas galegas, nas que o artista gravou e recolleu historias, músicas e cancións. Con Peixe, Xisco Feijoó pretende achegar, desde a súa óptica particular, unha visión atrevida, moderna e contemporánea sobre a música de creación colectiva galega. O disco, composto por dez temas, pon en valor o papel da cantiga tradicional, da que o artista salienta a súa identidade e significado propio, e sobre as que que fía un relato de historias con tintas autobiográficas e conectadas por un eixo común: a diversidade humana. "Peixe fala de sentimentos, de sensacións, de querencias e de desexos. Fala de todo o que queremos ser e non somos quen. E do que somos e non desexamos. Fala da aceptación, de deixar atrás a resignación, e de entender que, entre nós, non hai gaiolas nin peixeiras que nos pechen. Peixe somos cada un de nós, únicos e irrepetibles", sinala Xisco Feijoó.
Unha 'Mareira' de sons e palabras
Xénero:
| 6 / 7 / 2021A cantautora Bea A de Estrella lanza o seu proxecto Mareira, que toma o seu nome dun mar axitado e no que se mesturan diferentes formas de expresión artística ao redor da música. A coruñesa ven de abrir unha campaña para levar a cabo a edición dun libro disco e produción dun vídeo no que xa conta coas colaboracións, ben na parte musical ou na literaria, de nomes como Pablo Milanés, Rosa Aneiros e Yolanda Castaño entre outros. O novo proxecto da cantautora de Culleredo volve ofrecer na parte musical melodías de son cubano, tango, notas de blues, jazz, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais, como xa fixera no seu primeiro traballo discográfico, Már de fóra (2016). Neste caso ademais engade a poesía e a narrativa grazas a esoutras dúas mulleres, Aneiros e Castaño para publicación desta 'Mareira' en busca de financiamento popular que será libro-disco e un vídeo, e que tamén conta coas voces de coñecidos artistas da escena coruñesa coma Paris Joel, Tato López, César de Centi, Emilia Arija ,Inés Suárez, Taté Morales ou Montse Candal e os arranxos de Tato López na parte musical. Outras colaboracións incidirán na parte gráfica do proxecto a través do deseño, a ilustración e a fotografía.
Presentación acelerada de concertos cheos de música galega
Xénero:
| 2 / 7 / 2021A entrada do mes de xullo chegou cun acelerón de anuncios de eventos musicais que completan esa axenda de verán cada vez máis similar á pre-pandémica, canda menos sobre o papel, que no presencial aínda haberá que manter moitas diferenzas. Festivais en diferentes formatos e ciclos de concertos ao aire libre poñen nomes e datas a unha oferta que permitirá gozar da escena musical galega máis que calquera outro ano. Repasamos algunhas das novidades para a axenda de cada un.