Noticias
Cambre, Verín e Sóutelo preparan os seus programas culturais para este mes de agosto
Xénero:
| 9 / 8 / 2006Se os incendios non dan descanso, as festas tampouco. As próximas citas no calendario festivo de agosto están por todas partes. En Cambre o rock e o folck daranse a man no evento que comeza mañá na localidade coruñesa e que contará coa presenza de Barricada, Ialma, Los Suaves e os Diplomáticos. Mañá tamén comeza en Verín outro evento festivo aínda que non exclusivamente musical. Baixo o nome de “Verba. Festival internacional da palabra” concertos, teatro e recitais poéticos encherán a vila ourensá de actos culturais. Por último, o vindeiro 19 de agosto Soutelo acollerá unha nova edición (a vixésimo sétima) da festa que honra a memoria dun dos gaiteiros máis populares de Galicia, Avelino Cachafeiro.
Máis información sobre “Rock in Cambre” en La Opinión e sobre Avelino Cachafeiro no web do Concello de Forcarei
O Festival da ópera de Coruña e o ciclo curso Música en Compostela enchen agosto de concertos
Xénero:
| 7 / 8 / 2006Esta fin de semana comezou en Santiago unha nova edición (a número 49) dos cursos internacionais “Música en Compostela”. Un evento que combina o programa lectivo cun ciclo de concertos por varias localidades de Galicia, como Santiago ou Pontevedra, así como varias actividades no Pazo de Mariñán. O día que remata “Música en Compostela” comeza o Festival de Ópera da Coruña que abrirá coa soprano Stefania Bonfadell, a estrela da Ópera de Viena que ten no seu currículo ter actuado baixo as batutas de Lorin Maazel, Fabio Luisi ou Marcello Panni. Será a 53 edición dun festival que inclúe concertos sinfónicos, tres óperas, unha gala lírica e conferencias e proxecións para completar o programa máis ambicioso da súa historia.
Máis información sobre “Música en Compostela” en La Voz de Galicia e El Correo Gallego e sobre o Festival de Ópera no web de Fadesa, un dos seus patrocinadores
Arrinca o Festival Celta de Ortigueira cunha aposta pola fusión
Xénero:
| 6 / 7 / 2006Comezou a invasión. Unhas cen mil persoas reúnense desde hoxe e ata domingo en Ortigueira para asistir á nova edición deste evento. Este ano o programa aposta claramente pola mestizaches, achegando clásicos coma Gwendal coa aposta que o produtor Javier Limón cun espectáculo que mestura flamenco, folk e jazz. Lann de Cubel, Uxía, Berrogüetto ou Bagad Beuzeg completan o cartel.
Máis información no web do Festival ; Galicia Hoxe ; en La Voz de Galicia; en La Opinión e nos nosos arquivos
Chega o Festival de Contrabaixo, achégase o Vía Stellae e asoman as primeiras novas do Festival da Ópera
Xénero:
| 3 / 7 / 2006Compostela acolle desde hoxe mesmo o V Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher, unha cita que reúne algúns dos máis destacados especialistas internacionais deste instrumento, coma Wolfgang Harrer ou Ferrán Sala. Claro que para moitos este evento será só un aperitivo do Festival Vía Stellae, unha proposta que entre o 5 e o 25 deste mes achegará 43 concertos clásicos por todo o país. Nesta primeira edición, o Vía Stellae centrarase especialmente na música antiga e barroca. E, aínda que faltan uns meses, xa se coñecen os primeiros adiantos do vindeiro Festival da Ópera da Coruña. O amantes do xénero lírico poderán ver en setembro Norma, de Bellini, Carmen, de Bizet e mais Bastián e Bastiana, de Mozart. Dous concertos completarán o programa deste evento.
Máis información en Galicia Hoxe Compostela Cultura e enEl Correo Gallego
Compostela e Vigo celebran o día Europeo da Música con concertos
Xénero:
| 21 / 6 / 2006Hoxe é o día Europeo da Música. Por iso, varias formacións decidiron saír ás rúas para celebralo como mellor saben facelo: con música. En Santiago, o Casino promove a celebración cun programa musical que ofrecerá cinco concertos en prazas como Praterías, o Toural ou a propia sede do Casino na rúa Vilar. Por outra banda, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra aproveita a efeméride para presentar o seu traballo discográfico “Tributo a Charlie Parker”. Un evento que terá lugar en Vigo, no marco do Festival Internacional de Jazz de Vigo.
Máis información sobre a celebración en Santiago en Galicia Hoxe e sobre “Imaxina Sons” no web do Concello de Vigo
A Regueifa inaugura a sección de arqueoloxía musical cos primeiros temas gravados por un solista galego na Arxentina
Xénero:
| 21 / 6 / 2006A primeira gravación sonora galega documentada ata o momento é a que fixo na Coruña o coro “Aires d`a Terra” en 1904. A esta gravación únenselle dúas máis coas que o web A Regueifa Plataforma acaba de estrear a sección “Arqueoloxía musical”. Trátanse de dous traballos posteriores, de 1910 e 1913 que, segundo asegura este sitio, “posiblemente sexa a primeira gravación da historia dun solista cantando en galego”. Trátase de dúas composicións: “Alborada Galega”, con partitura de Pascual Veiga sobre un texto de Francisco María de la Iglesia e “Os meus amores”, unha composición de Xosé Baldomir sobre un texto de Salvador Lope. Ambos os dous fragmentos foron dixitalizados, recuperados e restaurados por esta sociedade sen ánimo de lucro que asegura que foron “gravados por Saturnino M. Navarro en Buenos Aires co selo Polyphon”.
Máis información en A Regueifa
O grupo coruñés Mr.Dixie son recoñecidos como os mellores do seu estilo en toda Europa
Xénero:
| 19 / 6 / 2006A veterana banda coruñesa Mr. Dixie Jazz Band foi distinguida como a mellor orquestra Dixieland europea 2006 na primeira edición do Euro Jazz Festival Dixieland-Nueva Orleans celebrado a pasada semana na localidade francesa de Rueil Malmaison, a poucos quilómetros do centro de París. O certame reuniu durante catro días a 16 orquestras de outros tantos países da Unión Europea coa fin de dar una dimensión europeísta ao jazz, e de divulgar e recoñecer ao xénero do jazz tradicional ou hot jazz de Nova Orleans. Ademais do recoñecemento ao grupo tres dos compoñentes tamén foron premiados como intérpretes na competición. Guillermo Lancelotti, líder, trompeta e corneta de Mr. Dixie Jazz Band, levou o premio ao mellor solista, e houbo mencións para o tuba Óscar Prieto e o clarinetista Víctor Sánchez. A banda leva desde 1998 como referencia indiscutible do jazz tradicional en Galicia e ten gravado o disco "Vamos a reventar".
Máis información no xornal La Opinión
Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura
Xénero:
| 15 / 6 / 2006No seu cuarto traballo discográfico, “Unha semaniña enteira” (PAI música), o consolidado grupo Treixadura Gaiteiros presenta a xuntanza de dúas concepcións da música popular: o canto e a gaita. O Orfeón Treixadura, creado ex profeso para a gravación dunha das cancións do anterior disco “Unha noite non é nada”(2003) engade aquí a forza das súas voces ás melodías dos gaiteiros incidindo no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega. Dos once temas do disco, gravados entre os estudos Casa de Tolos e Edisco a finais do 2005, tan só un é unicamente instrumental. Este é o terceiro disco de Treixadura que leva por título un dos versos da cantiga popular “Unha noite no muíño” e os compoñentes do grupo xa anunciaron durante a presentación do disco no Consello da Cultura Galega a próxima realización dun disco que se chamará “Esa si que é muiñada”.
Máis información en Consello da Cultura Galega
Os vigueses Ectoplasma presentan en La Fábrica de Chocolate o seu primeiro disco
Xénero: VIDEO
| 15 / 6 / 2006 +Co veterano músico vigués Nicolás Pastoriza á fronte a banda viguesa Ectoplasma presenta agora o seu primeiro disco “Amor por lo paranormal” que aínda tardará uns meses en saír ao mercado da man do selo POP & CO. Ectoplasma está liderado por Nicolás Pastoriza, compositor e voz do grupo que formou parte de moitas outras bandas como “Bromea o qué?” ou La Marabunta, entre outras. Xunto a el no grupo están tamén os ex- Piratas Paco Serén e Hal 9000, así como David Rodríguez, Andrea Montes e Saúl Puga. O disco está producido polo guardés Pablo Iglesias e gravado baixo o seu selo Pop&Co Grabaciones. O traballo reúne 10 cancións en castelán con temáticas do fantástico, a ciencia ficción e os límites da realidade. Na festa de presentación do disco este venres en La Fábrica de Chocolate Club sortearanse ademais entradas para o FIB.
Máis información no sitio de Ectoplasma
A mestizaxe, a danza e grupos consolidados conforman a aposta da nova edición do Festival de Ortigueira
Xénero:
| 12 / 6 / 2006O 6 de xullo comeza unha nova edición do Festival Celta de Ortigueira. O evento musical de Galicia que concentra a un maior numero de visitantes e que este ano promete cun programa “mais ousado ca nunca” como se atreveu a dicir o director artístico, Fran Rivera, na presentación do festival. Solas, Four Men and a Dog e Gwendal son algunhas das bandas que participan nun programa no que haberá un sitio destacado para a danza. Ademais, “Galicia & outras músicas” é o nome do plato forte, un singular proxecto dirixido polo produtor Javier Limón que repasará todo o repertorio tradicional galego.
Máis información no web do Festival, e en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e na nosa hemeroteca