Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cambre, Verín e Sóutelo preparan os seus programas culturais para este mes de agosto
Cambre, Verín e Sóutelo preparan os seus programas culturais para este mes de agosto
agosto 9, 2006
Se os incendios non dan descanso, as festas tampouco. As próximas citas no calendario festivo de agosto están por todas partes. En Cambre o rock e o folck daranse a man no evento que comeza mañá na localidade coruñesa e que contará coa presenza de Barricada, Ialma, Los Suaves e os Diplomáticos. Mañá tamén comeza en Verín outro evento festivo aínda que non exclusivamente musical. Baixo o nome de “Verba. Festival internacional da palabra” concertos, teatro e recitais poéticos encherán a vila ourensá de actos culturais. Por último, o vindeiro 19 de agosto Soutelo acollerá unha nova edición (a vixésimo sétima) da festa que honra a memoria dun dos gaiteiros máis populares de Galicia, Avelino Cachafeiro.
Máis información sobre “Rock in Cambre” en La Opinión e sobre Avelino Cachafeiro no web do Concello de Forcarei