Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Compostela e Vigo celebran o día Europeo da Música con concertos

ESTE DíA TEN MúSICA

Compostela e Vigo celebran o día Europeo da Música con concertos

JAZZ/BLUES | xuño 21, 2006

imaxe non dispoñible

Hoxe é o día Europeo da Música. Por iso, varias formacións decidiron saír ás rúas para celebralo como mellor saben facelo: con música. En Santiago, o Casino promove a celebración cun programa musical que ofrecerá cinco concertos en prazas como Praterías, o Toural ou a propia sede do Casino na rúa Vilar. Por outra banda, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra aproveita a efeméride para presentar o seu traballo discográfico “Tributo a Charlie Parker”. Un evento que terá lugar en Vigo, no marco do Festival Internacional de Jazz de Vigo.

Máis información sobre a celebración en Santiago en Galicia Hoxe e sobre “Imaxina Sons” no web do Concello de Vigo