Ir ao contido directamente.


Noticias

A coñecida cantiga "A rianxeira" contará cun museo propio na localidade que lle dá nome

Xénero: Folk | 4 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

O Concello de Rianxo quere homenaxear a composición musical que máis publicidade lle fai. A cantiga "A rianxeira" contará en breve cun museo dedicado exclusivamente a ela. A corporación local realizaba onte este anuncio, cando van facerse sesenta anos da composición da peza por Xesús Frieiro Dourado e mais Anxo Romero Lojo. A intención é que no museo se amose a partitura orixinal da obra, canda a unhas cincuenta versións da canción e mais diferentes documentos.

Máis información en La Voz de Galicia

Rosa Aneiros, Daniel Bellón e Xerardo Neira reciben estes días varios premios

Xénero: Folk | 1 / 9 / 2006

not_8463.jpg

Setembro chega con moitos premios. Comezamos en Ferrol, onde o mozo Daniel Bellón fíxose coa déximosexta edición do premio de solistas de gaitas Constantino Bellón. Un premio dotado con 1.800 euros e que o gaiteiro gaña por terceira vez consecutiva. De Ferrol imos ao Valadouro, onde o concello fallou onte o certame de novela. O gañador, que recollerá o premio dotado con 1.000 euros o vindeiro día 7, foi o biólogo Xerardo Neira pola súa obra “Da Terra de Deus”. En Palas de Rei entrégase mañá o premio literario Monte Careón que recaeu na escritora Rosa Aneiros.

Máis información sobre o Daniel Vellón en La Voz de Galicia e o de Xerardo Neira en Galicia Hoxe

Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia

Xénero: Jazz/Blues | 28 / 8 / 2006

not_8443.jpg

A piques de iniciarse o novo curso escolar, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia as novas especialidades musicais que se poderán estudar este ano. O Conservatorio Superior de Vigo impartira a especialidade de musicoloxía, mentres que o da Coruña ofrecerá a de jazz. A disciplina viguesa non existía en Galicia, aínda que tamén se pode impartir nas universidades dentro das seccións de Historia da Arte, mentres que o conservatorio da Coruña impartía desde hai anos a materia de jazz, aínda que agora será unha especialidade que poderán cursar un máximo de 31 alumnos.

Mais información en La Opinión e no Faro de Vigo

O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004

Xénero: Folk | 28 / 8 / 2006

not_8442.jpg

Os datos do último anuario da SGAE, que analiza a actividade cultural do 2005, recolle a recuperación do folk no noso país. Segundo estes datos, música tradicional recupérase do baixón acontecido no 2004 (cuxos datos se recolleron no anterior anuario) e encabeza cun 19’2% a porcentaxe da música que programa no país. Séguelle o jazz cun 12.7% e, de lonxe, o pop-rock (31.5%) que é o xénero estrela no resto do Estado. Ademais, o anuario da SGAE revela outro dato máis, que o macroconcerto folk por excelencia, o Festival de Ortigueira, é o evento con maior afluencia en todo o Estado.

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da SGAE

Abe Rábade únese a Ugía Pedreira e Guadi Galego nun proxecto sobre cantigas mariñeiras

Xénero: Miscelánea | 25 / 8 / 2006

not_8440.jpg

Baixo o nome común de Nordestinas únense as cantantes Ugía Pedreira –Marful- e Guadi Galego – Berrogüetto co músico de Jazz Abe Rábade para recrear o cancioneiro mariñeiro de Galicia. Cun repertorio elixido polas dúas cantantes e con arranxos de Rábade o proxecto cristalizará nun concerto a celebrar o vindeiro 2 de setembro no Teatro Principal de Santiago. O recital recollerase como gravación e será posteriormente editado en CD e en DVD, xa que as imaxes tamén se gravarán.

Máis información en La Voz de Galicia

Cangas abre un local para actividades culturais e musicais

Xénero: Miscelánea | 23 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Salasón (Rúa Lirio, 30) non é só o novo local de Cangas, é unha cafetería, un lugar de concertos, un punto de encontro cultural.... É un proxecto coa música como telón de fondo que non deixará indiferente e que chega cargado de boas intencións.

Iván Ferreiro anuncia a inminente saída do seu segundo disco en solitario

Xénero: Pop | 21 / 8 / 2006 + VIDEO + VINCULO

not_8426.jpg

Será en setembro cando o novo disco de Iván Piñeiro saia á rúa. O músico vigués adiantou o nome do álbum “Siete y medio”durante a súa participación no Festival de Música Independiente Sonorama, en Aranda de Duero. O disco inclúe composicións súas e do seu irmán, Amaro, que foron creando durante a xira do pasado ano por Arxentina. Iván Ferreiro describiu o seu novo traballo como “unha baixada aos infernos”. Despois de “Canciones para el olvido y la distancia” este será o segundo traballo en solitario de Iván Piñeiro tras da disolución de Los Piratas.

A produción é unha das fases máis lentas e custosas no proceso de organización do festival

Xénero: Miscelánea | 21 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Festa do Esquecemento, Romaría Vikinga, On&Off, Curtocircuíto, Revoltallo, Xociviga... son os nomes dalgúns dos festivais que podemos ver estes días en Galicia. Eventos que duran de tres días a un mes pero que levan por detrás moito traballo de organización e xestión que se iniciou incluso con anos de antelación. Levantamos o pano para ver como profesionais e afeccionados se encargan de facer que non pare a festa.

O ex-Heredeiro Javi Maneiro presenta o seu grupo Jabón Blue

Xénero: Rock | 17 / 8 / 2006 + VIDEO + VINCULO

not_8417.jpg

Do mesmo xeito que o fixera anteriormente Toñito de Poi con “A banda de Poi” agor é o vocalista de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro, que comeza un novo proxecto musical cun novo grupo de nome Jabón Blue. O grupo está integrado, ademais de por Maneiro, por outros seis músicos entre os que está o coñecido Maestro Reverendo nos teclados. O seu primeiro disco "La música va por dentro" ven de gravarse en Madrid e presentarase o 20 de setembro da man do selo discográfico PAI, de Segundo Grandío. As cancións están cantadas en castelán agás unha canción en galego, “Doce pesos de rock”.

Máis información en El Correo Gallego

Os vigueses “Catpeople” abre o festival de Paredes de Coura.

Xénero: Indie | 16 / 8 / 2006 + IMAXES + VIDEO

not_8413.jpg

De norte a sur, a axenda musical non para. Comezamos por Paredes de Coura, onde outro ano máis ten lugar unha nova edición do seu coñecido festival que este ano abrirá coa música do grupo vigués “Catpeople” No norte, o Ortegal Roch aumenta un día máis de festival con grupos como os Súper Ratóns, Saratog a e Siniestro Total. Seguimos no norte, pero agora en Ribadeo onde acaba de deter lugar o festival multicultural “Musikeo” cuxos concertos se emitirán por Estudio 3 da Radio Galega. Ademais, o domingo comezará nesta localidade lucense o I Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo.

Máis información sobre o festival de Paredes de Coura no seu web e sobre os festivais de musica de Ribadeo en Ortegal Rock e Galicia Hoxe

<< Inicio / Anterior . 3261 a 3270 de 3454 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR