Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004
O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004
agosto 28, 2006
Os datos do último anuario da SGAE, que analiza a actividade cultural do 2005, recolle a recuperación do folk no noso país. Segundo estes datos, música tradicional recupérase do baixón acontecido no 2004 (cuxos datos se recolleron no anterior anuario) e encabeza cun 19’2% a porcentaxe da música que programa no país. Séguelle o jazz cun 12.7% e, de lonxe, o pop-rock (31.5%) que é o xénero estrela no resto do Estado. Ademais, o anuario da SGAE revela outro dato máis, que o macroconcerto folk por excelencia, o Festival de Ortigueira, é o evento con maior afluencia en todo o Estado.
Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da SGAE