Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia

ENTRE A MUSICOLOXíA E O JAZZ

Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia

JAZZ/BLUES | agosto 28, 2006

not_8443.jpg

A piques de iniciarse o novo curso escolar, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia as novas especialidades musicais que se poderán estudar este ano. O Conservatorio Superior de Vigo impartira a especialidade de musicoloxía, mentres que o da Coruña ofrecerá a de jazz. A disciplina viguesa non existía en Galicia, aínda que tamén se pode impartir nas universidades dentro das seccións de Historia da Arte, mentres que o conservatorio da Coruña impartía desde hai anos a materia de jazz, aínda que agora será unha especialidade que poderán cursar un máximo de 31 alumnos.

Mais información en La Opinión e no Faro de Vigo