Ir ao contido directamente.


Noticias

Un álbum interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia opta aos Grammy Latinos

Xénero: Clásica/Lírica | 4 / 10 / 2006

not_8633.jpg

“Concerto barroco” é o nome do álbum co que Víctor Pablo Pérez e o guitarrista cubano Manuel Barrueco son candidatos aos Grammy Latinos. A Orquestra Sinfónica de Galicia foi a intérprete dun álbum que se gravou no Pazo da Ópera da Coruña, baixo a produción de Martín Compton en decembro en 2002 e foi publicado en maio de 2005. A “Tambuco & Southwest Chamber Music” e a Sinfónica de Berlín son dous dos seis aspirantes que asistirán á gala de entrega de premios que terá lugar o 3 de novembro en Los Ángeles.

Máis información no web dos Grammy Latino e no da Sinfónica de Galicia

Os vigueses Kannon sepáranse por falta de motivación despois de nove anos no escenario

Xénero: Rock | 27 / 9 / 2006

not_8596.jpg

Por medio dun comunicado no seu sitio web o grupo anunciou a súa disolución como banda despois de nove anos de traballo musical. A preparación da que sería súa cuarta xira por toda España deixou ver unha falta de motivación da banda de rock e o encontro de diferentes opinións no seno da formación; ante esta situación os cinco membros da mesma decidiron que chegara o momento da separación. Con catro discos publicados como legado, a banda composta por Vicente Folgar, Anxo Bautista, David Álvarez, Uka e hbt.Ouzo despídese dos seus seguidores agradecéndolles o seu apoio “por haber estado aí e permitirnos chegar ás vosas casas e cidades e vivir unha experiencia tan especial como foi tocar en Kannon”, din no comunicado. Kannon presentou neste ano o seu CD + DVD "Destino".

Máis información no sitio de Kannon

O ex-Piratas Fon Román presenta o seu primeiro disco en solitario

Xénero: Pop | 20 / 9 / 2006 + IMAXES + VIDEO

not_8557.jpg

"Silencio cómodo en un jardín descuidado" é o retorno de Fon Román ao escenario discográfico do pop en castelán. O ex-compoñente de Los Piratas, guitarrista e compositor do grupo vigués que tanto marcou o pop desa época, retoma neste disco a actividade musical acambando cancións incompletas, ás que engadiu outras novas ata as once que fan o álbum. O disco ten a produción compartida de Fon Román con Suso Saiz e está editado polo selo madrileño Subterfuge Records.

A música tradicional galega está presente no festival Popkomm de Berlín a través dunha colección de Ouvirmos

Xénero: Folk | 20 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

Hoxe comeza en Berlín o “Popkomm” un dos festivais de música máis importantes de Europa que ofrece tres tipos de actividades: exhibición, congresos e festival. Nesta feira, á que asisten uns 15.000 visitantes, haberá un expositor “Sounds from Spain” no que haberá representación galega. A música do país que estará presente na capital alemana chega da man do selo Sarriá Ouvirmos que levará a colección A Tiracolo, na que recupera gravacións de música tradicional galega.

Máis información no web do evento (en inglés e en alemán) e no web de Ouvirmos

O coro Toxos e Froles presenta un novo disco nun mes cargado de actividade cultural

Xénero: Coral | 19 / 9 / 2006

not_8546.jpg

“Camiño do centenario” é o título do próximo disco do Coro Toxos e Froles. Un CD editado pola Deputación Provincial da Coruña(dentro do seu programa “Outra+outra”) e no que recolle pezas habituais do seu repertorio. A gravación do quinto traballo da súa traxectoria é unha máis de todas as actividades previstas para este mes e derivadas de inaugurar a súa nova sede na rúa Magdalena. A vindeira cita será o xoves, cun acto de homenaxe ao tecido asociativo da cidade que se inclúe dentro das súas xornadas culturais de outono.

Máis información en Diario de Ferrol e no web de Toxos e Froles

A Orquestra Sinfónica de Galicia celebra os seus quince anos centrándose na música galega

Xénero: Clásica/Lírica | 13 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

A décimo quinta temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia chega cunha especial presenza da música do país. Ademais de obras de Gaos, Baudiot, Pereiro, Balboa ou Soutullo, a formación estreará "De terra galega" de J.J. Castro, unha obra coral que compartirá sesión con "Carmina Burana". Será un total de 58 obras de corenta autores, entre os que se encontran clásicos coma Mozart, Beethoven, Berlioz ou Strauss.

Máis información en Galicia Hoxe, en El Ideal Gallego e en en La Voz de Galicia

O Festival de Ópera da Coruña e o ciclo de Lied en Santiago reforzan os espectáculos musicais do país

Xénero: Clásica/Lírica | 12 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

Esta noite (20:30 horas) o Festival de Ópera de A Coruña acollerá a representación de “Norma”, un drama amoroso composto por Vincenzo Bellini e que narra a historia de Norma, sacerdotisa dos druídas que rompe os seus votos tras enamorarse do gobernador romano Polión quen, á súa vez, namórase doutra sacerdotisa, Adalgisa. Unha cita que esixe gran pericia vocal con gran axilidade e potencia da que xa non quedan entradas. O segundo prato forte dun festival que este ano aposta polos intérpretes do país no ciclo “As novas voces galegas”. Un programa que comeza o vindeiro día 15 no Museo de Belas Artes e que será o debut de Borja Quiza acompañado ao piano por Angelo Michel Errico. Por outra banda, o Concello de Santiago e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza veñen de presentar o programa do VII ciclo de Lied. Este é o primeiro que conta coa implicación do Xacobeo e abre este venres a soprano inglesa Joan Rodgers.

Máis información sobre o Festival de Ópera da Coruña no seu web e en La Voz de Galicia e sobre o ciclo de Lied Compostela Cultura

“In the ocean” de Pulpiño Viascón é a canción do verán

Xénero: Pop | 11 / 9 / 2006 + VIDEO

not_8508.jpg

Despois duns meses de dura pugna entre as 38 cancións presentadas no concurso “A polo ghit” organizado por Vieiros e a Radio Galega o xurado composto por Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei decidiuse pola canción “In the ocean” de Pulpiño Viascón como gañadora e canción galega do verán 2006. O tema ten o retrouso en inglés pero o resto da letra está en galego como se pedía nas bases, e levará o premio da gravación do video clip que emitirá a TVG. Nas votacións do xurado as seguintes con máis votos foron Kalindra Xida, da Banda Potemkin; A ruta do colesterol, da Banda da señorita e Tomasa; Sandra Dee, de The Homens e A das festas, de Guezos. Esta última foi a gañadora da votación popular a través de Internet.

Máis información en Vieiros

A Real Filharmonía ofrecerá unha versión de “Negra sombra” en cinco concertos en Brasil e Arxentina

Xénero: Clásica/Lírica | 8 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

Será unha xira curta porque só ofrecerán cinco concertos, pero é a primeira que fai a Real Filharmonía de Galicia por América. Comezará na cidade brasileira de São Paulo, seguirá en Rosario e rematará en Bos Aires (Arxentina) e ofrecerá varios programas nos que xunto coas pezas de Falla ou Beethoven interpretarán a “Negra sombra” arranxada para cordas por Maximino Zumalave e Ánxel Brage.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre a Filharmonía na nosa hemeroteca

O músico coruñés Dj. Ino retoma as xornadas de arte e música electrónica da Fundación Seoane

Xénero: Electrónica | 6 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

“Lets Dance” é o nome da xornada de música electrónica que o músico coruñés Dj. Ino presentará mañá na Coruña. Con el retómanse as “Block Party”, ou o que é o mesmo, as xornadas de arte e música electrónica que dirixe o artista Juan Martínez de la Colina e que é unha pequena parte do programa chamado Seoane Sessións.

Máis información no web da Fundación Seoane e Galicia Hoxe

<< Inicio / Anterior . 3251 a 3260 de 3454 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR