Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O coro Toxos e Froles presenta un novo disco nun mes cargado de actividade cultural
O coro Toxos e Froles presenta un novo disco nun mes cargado de actividade cultural
setembro 19, 2006
“Camiño do centenario” é o título do próximo disco do Coro Toxos e Froles. Un CD editado pola Deputación Provincial da Coruña(dentro do seu programa “Outra+outra”) e no que recolle pezas habituais do seu repertorio. A gravación do quinto traballo da súa traxectoria é unha máis de todas as actividades previstas para este mes e derivadas de inaugurar a súa nova sede na rúa Magdalena. A vindeira cita será o xoves, cun acto de homenaxe ao tecido asociativo da cidade que se inclúe dentro das súas xornadas culturais de outono.
Máis información en Diario de Ferrol e no web de Toxos e Froles
Tamén che pode interesar:
- 30/ 5/ 2014 | O Real Coro Toxos e Froles publica o disco do seu centenario
- 24/ 1/ 2013 | Os Melidaos lanzan Axudádeme a cantar
- 27/ 5/ 2009 | Unha serie de actividades lembrarán este venres os 95 anos do Toxos e Froles
- 3/ 7/ 2008 | A Asociación de Gaiteiros Galegos xestionará a escola de música tradicional de Lugo
- 24/ 2/ 2003 | O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, nacido en 1917, desenvolve unha intensa actividade cultural a comezos do século XXI