Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A música tradicional galega está presente no festival Popkomm de Berlín a través dunha colección de Ouvirmos
A música tradicional galega está presente no festival Popkomm de Berlín a través dunha colección de Ouvirmos
setembro 20, 2006
Hoxe comeza en Berlín o “Popkomm” un dos festivais de música máis importantes de Europa que ofrece tres tipos de actividades: exhibición, congresos e festival. Nesta feira, á que asisten uns 15.000 visitantes, haberá un expositor “Sounds from Spain” no que haberá representación galega. A música do país que estará presente na capital alemana chega da man do selo Sarriá Ouvirmos que levará a colección A Tiracolo, na que recupera gravacións de música tradicional galega.
Máis información no web do evento (en inglés e en alemán) e no web de Ouvirmos
Tamén che pode interesar:
- 25/ 9/ 2013 | Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega
- 8/ 10/ 2012 | O gaiteiro Óscar Ibáñez debuta en solitario
- 9/ 4/ 2008 | Ouvirmos presenta unha audiobiografía de Celso Emilio Ferreiro
- 24/ 9/ 2007 | Artistas da discográfica Falcatruada participarán dunha mesa redonda sobre a proxección internacional da súa musica
- 18/ 9/ 2007 | Deluxe súmase á representación de músicos galegos en Popkomm