Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os vigueses Kannon sepáranse por falta de motivación despois de nove anos no escenario
Os vigueses Kannon sepáranse por falta de motivación despois de nove anos no escenario
setembro 27, 2006
Por medio dun comunicado no seu sitio web o grupo anunciou a súa disolución como banda despois de nove anos de traballo musical. A preparación da que sería súa cuarta xira por toda España deixou ver unha falta de motivación da banda de rock e o encontro de diferentes opinións no seno da formación; ante esta situación os cinco membros da mesma decidiron que chegara o momento da separación. Con catro discos publicados como legado, a banda composta por Vicente Folgar, Anxo Bautista, David Álvarez, Uka e hbt.Ouzo despídese dos seus seguidores agradecéndolles o seu apoio “por haber estado aí e permitirnos chegar ás vosas casas e cidades e vivir unha experiencia tan especial como foi tocar en Kannon”, din no comunicado. Kannon presentou neste ano o seu CD + DVD "Destino".
Máis información no sitio de Kannon