Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A coñecida cantiga "A rianxeira" contará cun museo propio na localidade que lle dá nome

DESCALCIñA... NO MUSEO

A coñecida cantiga "A rianxeira" contará cun museo propio na localidade que lle dá nome

FOLK | setembro 4, 2006

imaxe non dispoñible

O Concello de Rianxo quere homenaxear a composición musical que máis publicidade lle fai. A cantiga "A rianxeira" contará en breve cun museo dedicado exclusivamente a ela. A corporación local realizaba onte este anuncio, cando van facerse sesenta anos da composición da peza por Xesús Frieiro Dourado e mais Anxo Romero Lojo. A intención é que no museo se amose a partitura orixinal da obra, canda a unhas cincuenta versións da canción e mais diferentes documentos.

Máis información en La Voz de Galicia