Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival da ópera de Coruña e o ciclo curso Música en Compostela enchen agosto de concertos
O Festival da ópera de Coruña e o ciclo curso Música en Compostela enchen agosto de concertos
agosto 7, 2006
Esta fin de semana comezou en Santiago unha nova edición (a número 49) dos cursos internacionais “Música en Compostela”. Un evento que combina o programa lectivo cun ciclo de concertos por varias localidades de Galicia, como Santiago ou Pontevedra, así como varias actividades no Pazo de Mariñán. O día que remata “Música en Compostela” comeza o Festival de Ópera da Coruña que abrirá coa soprano Stefania Bonfadell, a estrela da Ópera de Viena que ten no seu currículo ter actuado baixo as batutas de Lorin Maazel, Fabio Luisi ou Marcello Panni. Será a 53 edición dun festival que inclúe concertos sinfónicos, tres óperas, unha gala lírica e conferencias e proxecións para completar o programa máis ambicioso da súa historia.
Máis información sobre “Música en Compostela” en La Voz de Galicia e El Correo Gallego e sobre o Festival de Ópera no web de Fadesa, un dos seus patrocinadores
Tamén che pode interesar:
- 27/ 6/ 2018 | A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
- 13/ 4/ 2018 | O X Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera achega a música clásica ao rural
- 12/ 11/ 2015 | A Asociación Galega de Compositores celebra o XIX Ciclo de Música Actual
- 6/ 8/ 2014 | Música no Claustro celebra os seus dez anos
- 16/ 4/ 2014 | Barcia de Mera acolle a VI edición do seu ciclo de Música Relixiosa