Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O grupo coruñés Mr.Dixie son recoñecidos como os mellores do seu estilo en toda Europa

MR. DIXIE, REIS DE EUROPA

O grupo coruñés Mr.Dixie son recoñecidos como os mellores do seu estilo en toda Europa

JAZZ/BLUES | xuño 19, 2006

not_8193.jpg

A veterana banda coruñesa Mr. Dixie Jazz Band foi distinguida como a mellor orquestra Dixieland europea 2006 na primeira edición do Euro Jazz Festival Dixieland-Nueva Orleans celebrado a pasada semana na localidade francesa de Rueil Malmaison, a poucos quilómetros do centro de París. O certame reuniu durante catro días a 16 orquestras de outros tantos países da Unión Europea coa fin de dar una dimensión europeísta ao jazz, e de divulgar e recoñecer ao xénero do jazz tradicional ou hot jazz de Nova Orleans. Ademais do recoñecemento ao grupo tres dos compoñentes tamén foron premiados como intérpretes na competición. Guillermo Lancelotti, líder, trompeta e corneta de Mr. Dixie Jazz Band, levou o premio ao mellor solista, e houbo mencións para o tuba Óscar Prieto e o clarinetista Víctor Sánchez. A banda leva desde 1998 como referencia indiscutible do jazz tradicional en Galicia e ten gravado o disco "Vamos a reventar".

Máis información no xornal La Opinión