Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura
Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura
xuño 15, 2006
No seu cuarto traballo discográfico, “Unha semaniña enteira” (PAI música), o consolidado grupo Treixadura Gaiteiros presenta a xuntanza de dúas concepcións da música popular: o canto e a gaita. O Orfeón Treixadura, creado ex profeso para a gravación dunha das cancións do anterior disco “Unha noite non é nada”(2003) engade aquí a forza das súas voces ás melodías dos gaiteiros incidindo no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega. Dos once temas do disco, gravados entre os estudos Casa de Tolos e Edisco a finais do 2005, tan só un é unicamente instrumental. Este é o terceiro disco de Treixadura que leva por título un dos versos da cantiga popular “Unha noite no muíño” e os compoñentes do grupo xa anunciaron durante a presentación do disco no Consello da Cultura Galega a próxima realización dun disco que se chamará “Esa si que é muiñada”.
Máis información en Consello da Cultura Galega
Tamén che pode interesar:
- 11/ 3/ 2024 | Xacarandaina leva o II Premio Opinión Acontecemento Musical do Ano
- 30/ 5/ 2022 | Trinta anos de pasos no 'Camiño longo' de Treixadura
- 18/ 4/ 2018 | Treixadura volta con Inda canto!
- 19/ 12/ 2014 | Treixadura celebra 25 anos de música con Vendima tarda
- 4/ 12/ 2014 | A Asociación de Gaiteiros celebra os seus 25 anos