Ir ao contido directamente.


Noticias

Arrinca o Festival Celta de Ortigueira cunha aposta pola fusión

Xénero: Folk | 6 / 7 / 2006

imaxe non dispoñible

Comezou a invasión. Unhas cen mil persoas reúnense desde hoxe e ata domingo en Ortigueira para asistir á nova edición deste evento. Este ano o programa aposta claramente pola mestizaches, achegando clásicos coma Gwendal coa aposta que o produtor Javier Limón cun espectáculo que mestura flamenco, folk e jazz. Lann de Cubel, Uxía, Berrogüetto ou Bagad Beuzeg completan o cartel.

Máis información no web do Festival ; Galicia Hoxe ; en La Voz de Galicia; en La Opinión e nos nosos arquivos

Chega o Festival de Contrabaixo, achégase o Vía Stellae e asoman as primeiras novas do Festival da Ópera

Xénero: Clásica/Lírica | 3 / 7 / 2006

imaxe non dispoñible

Compostela acolle desde hoxe mesmo o V Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher, unha cita que reúne algúns dos máis destacados especialistas internacionais deste instrumento, coma Wolfgang Harrer ou Ferrán Sala. Claro que para moitos este evento será só un aperitivo do Festival Vía Stellae, unha proposta que entre o 5 e o 25 deste mes achegará 43 concertos clásicos por todo o país. Nesta primeira edición, o Vía Stellae centrarase especialmente na música antiga e barroca. E, aínda que faltan uns meses, xa se coñecen os primeiros adiantos do vindeiro Festival da Ópera da Coruña. O amantes do xénero lírico poderán ver en setembro Norma, de Bellini, Carmen, de Bizet e mais Bastián e Bastiana, de Mozart. Dous concertos completarán o programa deste evento.

Máis información en Galicia Hoxe Compostela Cultura e enEl Correo Gallego

Compostela e Vigo celebran o día Europeo da Música con concertos

Xénero: Jazz/Blues | 21 / 6 / 2006

imaxe non dispoñible

Hoxe é o día Europeo da Música. Por iso, varias formacións decidiron saír ás rúas para celebralo como mellor saben facelo: con música. En Santiago, o Casino promove a celebración cun programa musical que ofrecerá cinco concertos en prazas como Praterías, o Toural ou a propia sede do Casino na rúa Vilar. Por outra banda, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra aproveita a efeméride para presentar o seu traballo discográfico “Tributo a Charlie Parker”. Un evento que terá lugar en Vigo, no marco do Festival Internacional de Jazz de Vigo.

Máis información sobre a celebración en Santiago en Galicia Hoxe e sobre “Imaxina Sons” no web do Concello de Vigo

A Regueifa inaugura a sección de arqueoloxía musical cos primeiros temas gravados por un solista galego na Arxentina

Xénero: Melódica | 21 / 6 / 2006

imaxe non dispoñible

A primeira gravación sonora galega documentada ata o momento é a que fixo na Coruña o coro “Aires d`a Terra” en 1904. A esta gravación únenselle dúas máis coas que o web A Regueifa Plataforma acaba de estrear a sección “Arqueoloxía musical”. Trátanse de dous traballos posteriores, de 1910 e 1913 que, segundo asegura este sitio, “posiblemente sexa a primeira gravación da historia dun solista cantando en galego”. Trátase de dúas composicións: “Alborada Galega”, con partitura de Pascual Veiga sobre un texto de Francisco María de la Iglesia e “Os meus amores”, unha composición de Xosé Baldomir sobre un texto de Salvador Lope. Ambos os dous fragmentos foron dixitalizados, recuperados e restaurados por esta sociedade sen ánimo de lucro que asegura que foron “gravados por Saturnino M. Navarro en Buenos Aires co selo Polyphon”.

Máis información en A Regueifa

O grupo coruñés Mr.Dixie son recoñecidos como os mellores do seu estilo en toda Europa

Xénero: Jazz/Blues | 19 / 6 / 2006

not_8193.jpg

A veterana banda coruñesa Mr. Dixie Jazz Band foi distinguida como a mellor orquestra Dixieland europea 2006 na primeira edición do Euro Jazz Festival Dixieland-Nueva Orleans celebrado a pasada semana na localidade francesa de Rueil Malmaison, a poucos quilómetros do centro de París. O certame reuniu durante catro días a 16 orquestras de outros tantos países da Unión Europea coa fin de dar una dimensión europeísta ao jazz, e de divulgar e recoñecer ao xénero do jazz tradicional ou hot jazz de Nova Orleans. Ademais do recoñecemento ao grupo tres dos compoñentes tamén foron premiados como intérpretes na competición. Guillermo Lancelotti, líder, trompeta e corneta de Mr. Dixie Jazz Band, levou o premio ao mellor solista, e houbo mencións para o tuba Óscar Prieto e o clarinetista Víctor Sánchez. A banda leva desde 1998 como referencia indiscutible do jazz tradicional en Galicia e ten gravado o disco "Vamos a reventar".

Máis información no xornal La Opinión

Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura

Xénero: Folk | 15 / 6 / 2006

not_8177.jpg

No seu cuarto traballo discográfico, “Unha semaniña enteira” (PAI música), o consolidado grupo Treixadura Gaiteiros presenta a xuntanza de dúas concepcións da música popular: o canto e a gaita. O Orfeón Treixadura, creado ex profeso para a gravación dunha das cancións do anterior disco “Unha noite non é nada”(2003) engade aquí a forza das súas voces ás melodías dos gaiteiros incidindo no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega. Dos once temas do disco, gravados entre os estudos Casa de Tolos e Edisco a finais do 2005, tan só un é unicamente instrumental. Este é o terceiro disco de Treixadura que leva por título un dos versos da cantiga popular “Unha noite no muíño” e os compoñentes do grupo xa anunciaron durante a presentación do disco no Consello da Cultura Galega a próxima realización dun disco que se chamará “Esa si que é muiñada”.

Máis información en Consello da Cultura Galega

Os vigueses Ectoplasma presentan en La Fábrica de Chocolate o seu primeiro disco

Xénero: Pop | 15 / 6 / 2006 + VIDEO

not_8172.jpg

Co veterano músico vigués Nicolás Pastoriza á fronte a banda viguesa Ectoplasma presenta agora o seu primeiro disco “Amor por lo paranormal” que aínda tardará uns meses en saír ao mercado da man do selo POP & CO. Ectoplasma está liderado por Nicolás Pastoriza, compositor e voz do grupo que formou parte de moitas outras bandas como “Bromea o qué?” ou La Marabunta, entre outras. Xunto a el no grupo están tamén os ex- Piratas Paco Serén e Hal 9000, así como David Rodríguez, Andrea Montes e Saúl Puga. O disco está producido polo guardés Pablo Iglesias e gravado baixo o seu selo Pop&Co Grabaciones. O traballo reúne 10 cancións en castelán con temáticas do fantástico, a ciencia ficción e os límites da realidade. Na festa de presentación do disco este venres en La Fábrica de Chocolate Club sortearanse ademais entradas para o FIB.

Máis información no sitio de Ectoplasma

A mestizaxe, a danza e grupos consolidados conforman a aposta da nova edición do Festival de Ortigueira

Xénero: Folk | 12 / 6 / 2006

imaxe non dispoñible

O 6 de xullo comeza unha nova edición do Festival Celta de Ortigueira. O evento musical de Galicia que concentra a un maior numero de visitantes e que este ano promete cun programa “mais ousado ca nunca” como se atreveu a dicir o director artístico, Fran Rivera, na presentación do festival. Solas, Four Men and a Dog e Gwendal son algunhas das bandas que participan nun programa no que haberá un sitio destacado para a danza. Ademais, “Galicia & outras músicas” é o nome do plato forte, un singular proxecto dirixido polo produtor Javier Limón que repasará todo o repertorio tradicional galego.

Máis información no web do Festival, e en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e na nosa hemeroteca

Dez anos despois do seu anterior álbum Magin Blanco saca novo disco

Xénero: Cantautor | 6 / 6 / 2006 + VIDEO + IMAXES

not_8125.jpg

O veterano músico rués, Magín Blanco ten un novo disco gravado na Casa de Tolos e producido por Segundo Grandío. “Ella” é o disco deste músico que gravou os seu primeiros temas en 1987 e que en 1988 tivo o seu primeiro disco propio “La Rosa” (Edigal). O anterior traballo de Magín Blanco fora o disco “En el arco iris” gravado en 1994 coa discográfica Sons Galiza; nesta ocasión Blanco consegue a colaboración de músicos como Uxía Senlle, Nacho Novo ou Gloria Van Aersen, compoñente de Vainica Doble, para algúns dos once temas do disco. O álbum presentouse oficialmente hoxe nas instalacións do estudo de gravación Casa de Tolos, en Gondomar nun acto no que a discográfica PAI música presentou as súas novidades discográficas da tempada primavera- verán. nos que tamén están os discos do grupo Treixadura, Augusto Canário & Amigos, El Cubo e Queno.

O programa Extrarradio e Vieiros organizan un concurso na procura da canción galega do verán

Xénero: Miscelánea | 6 / 6 / 2006

not_8122.jpg

A Radio Galega, a través do programa Extrarradio, e o diario electrónico Vieiros veñen de abrir en colaboración a convocatoria para un concurso que durará ata setembro e que ten como obxectivo proclamar cal é a canción do verán do 2006 en galego. O concurso “A polo ghit!” está aberto a todos os músicos que queiran con cancións gravadas en galego, que serán difundidas pola rede en Vieiros con licenza Creative Commons. Un xurado composto por xente do mundo da música e da comunicación elixirá en setembro o tema gañador, que será premiado coa gravación profesional dun videoclip e a actuación en programas da Televisión de Galicia. A cancións poden escoitarse e descargarse en Vieiros, e mesmo facer de xeito paralelo unha votación con comentarios engadidos.

Máis información en Vieiros

<< Inicio / Anterior . 3251 a 3260 de 3425 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR