Ir ao contido directamente.


Noticias

Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia

Xénero: Jazz/Blues | 28 / 8 / 2006

not_8443.jpg

A piques de iniciarse o novo curso escolar, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia as novas especialidades musicais que se poderán estudar este ano. O Conservatorio Superior de Vigo impartira a especialidade de musicoloxía, mentres que o da Coruña ofrecerá a de jazz. A disciplina viguesa non existía en Galicia, aínda que tamén se pode impartir nas universidades dentro das seccións de Historia da Arte, mentres que o conservatorio da Coruña impartía desde hai anos a materia de jazz, aínda que agora será unha especialidade que poderán cursar un máximo de 31 alumnos.

Mais información en La Opinión e no Faro de Vigo

O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004

Xénero: Folk | 28 / 8 / 2006

not_8442.jpg

Os datos do último anuario da SGAE, que analiza a actividade cultural do 2005, recolle a recuperación do folk no noso país. Segundo estes datos, música tradicional recupérase do baixón acontecido no 2004 (cuxos datos se recolleron no anterior anuario) e encabeza cun 19’2% a porcentaxe da música que programa no país. Séguelle o jazz cun 12.7% e, de lonxe, o pop-rock (31.5%) que é o xénero estrela no resto do Estado. Ademais, o anuario da SGAE revela outro dato máis, que o macroconcerto folk por excelencia, o Festival de Ortigueira, é o evento con maior afluencia en todo o Estado.

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da SGAE

Abe Rábade únese a Ugía Pedreira e Guadi Galego nun proxecto sobre cantigas mariñeiras

Xénero: Miscelánea | 25 / 8 / 2006

not_8440.jpg

Baixo o nome común de Nordestinas únense as cantantes Ugía Pedreira –Marful- e Guadi Galego – Berrogüetto co músico de Jazz Abe Rábade para recrear o cancioneiro mariñeiro de Galicia. Cun repertorio elixido polas dúas cantantes e con arranxos de Rábade o proxecto cristalizará nun concerto a celebrar o vindeiro 2 de setembro no Teatro Principal de Santiago. O recital recollerase como gravación e será posteriormente editado en CD e en DVD, xa que as imaxes tamén se gravarán.

Máis información en La Voz de Galicia

Cangas abre un local para actividades culturais e musicais

Xénero: Miscelánea | 23 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Salasón (Rúa Lirio, 30) non é só o novo local de Cangas, é unha cafetería, un lugar de concertos, un punto de encontro cultural.... É un proxecto coa música como telón de fondo que non deixará indiferente e que chega cargado de boas intencións.

Iván Ferreiro anuncia a inminente saída do seu segundo disco en solitario

Xénero: Pop | 21 / 8 / 2006 + VIDEO + VINCULO

not_8426.jpg

Será en setembro cando o novo disco de Iván Piñeiro saia á rúa. O músico vigués adiantou o nome do álbum “Siete y medio”durante a súa participación no Festival de Música Independiente Sonorama, en Aranda de Duero. O disco inclúe composicións súas e do seu irmán, Amaro, que foron creando durante a xira do pasado ano por Arxentina. Iván Ferreiro describiu o seu novo traballo como “unha baixada aos infernos”. Despois de “Canciones para el olvido y la distancia” este será o segundo traballo en solitario de Iván Piñeiro tras da disolución de Los Piratas.

A produción é unha das fases máis lentas e custosas no proceso de organización do festival

Xénero: Miscelánea | 21 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Festa do Esquecemento, Romaría Vikinga, On&Off, Curtocircuíto, Revoltallo, Xociviga... son os nomes dalgúns dos festivais que podemos ver estes días en Galicia. Eventos que duran de tres días a un mes pero que levan por detrás moito traballo de organización e xestión que se iniciou incluso con anos de antelación. Levantamos o pano para ver como profesionais e afeccionados se encargan de facer que non pare a festa.

O ex-Heredeiro Javi Maneiro presenta o seu grupo Jabón Blue

Xénero: Rock | 17 / 8 / 2006 + VIDEO + VINCULO

not_8417.jpg

Do mesmo xeito que o fixera anteriormente Toñito de Poi con “A banda de Poi” agor é o vocalista de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro, que comeza un novo proxecto musical cun novo grupo de nome Jabón Blue. O grupo está integrado, ademais de por Maneiro, por outros seis músicos entre os que está o coñecido Maestro Reverendo nos teclados. O seu primeiro disco "La música va por dentro" ven de gravarse en Madrid e presentarase o 20 de setembro da man do selo discográfico PAI, de Segundo Grandío. As cancións están cantadas en castelán agás unha canción en galego, “Doce pesos de rock”.

Máis información en El Correo Gallego

Os vigueses “Catpeople” abre o festival de Paredes de Coura.

Xénero: Indie | 16 / 8 / 2006 + IMAXES + VIDEO

not_8413.jpg

De norte a sur, a axenda musical non para. Comezamos por Paredes de Coura, onde outro ano máis ten lugar unha nova edición do seu coñecido festival que este ano abrirá coa música do grupo vigués “Catpeople” No norte, o Ortegal Roch aumenta un día máis de festival con grupos como os Súper Ratóns, Saratog a e Siniestro Total. Seguimos no norte, pero agora en Ribadeo onde acaba de deter lugar o festival multicultural “Musikeo” cuxos concertos se emitirán por Estudio 3 da Radio Galega. Ademais, o domingo comezará nesta localidade lucense o I Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo.

Máis información sobre o festival de Paredes de Coura no seu web e sobre os festivais de musica de Ribadeo en Ortegal Rock e Galicia Hoxe

Cambre, Verín e Sóutelo preparan os seus programas culturais para este mes de agosto

Xénero: Miscelánea | 9 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Se os incendios non dan descanso, as festas tampouco. As próximas citas no calendario festivo de agosto están por todas partes. En Cambre o rock e o folck daranse a man no evento que comeza mañá na localidade coruñesa e que contará coa presenza de Barricada, Ialma, Los Suaves e os Diplomáticos. Mañá tamén comeza en Verín outro evento festivo aínda que non exclusivamente musical. Baixo o nome de “Verba. Festival internacional da palabra” concertos, teatro e recitais poéticos encherán a vila ourensá de actos culturais. Por último, o vindeiro 19 de agosto Soutelo acollerá unha nova edición (a vixésimo sétima) da festa que honra a memoria dun dos gaiteiros máis populares de Galicia, Avelino Cachafeiro.

Máis información sobre “Rock in Cambre” en La Opinión e sobre Avelino Cachafeiro no web do Concello de Forcarei

O Festival da ópera de Coruña e o ciclo curso Música en Compostela enchen agosto de concertos

Xénero: Clásica/Lírica | 7 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Esta fin de semana comezou en Santiago unha nova edición (a número 49) dos cursos internacionais “Música en Compostela”. Un evento que combina o programa lectivo cun ciclo de concertos por varias localidades de Galicia, como Santiago ou Pontevedra, así como varias actividades no Pazo de Mariñán. O día que remata “Música en Compostela” comeza o Festival de Ópera da Coruña que abrirá coa soprano Stefania Bonfadell, a estrela da Ópera de Viena que ten no seu currículo ter actuado baixo as batutas de Lorin Maazel, Fabio Luisi ou Marcello Panni. Será a 53 edición dun festival que inclúe concertos sinfónicos, tres óperas, unha gala lírica e conferencias e proxecións para completar o programa máis ambicioso da súa historia.

Máis información sobre “Música en Compostela” en La Voz de Galicia e El Correo Gallego e sobre o Festival de Ópera no web de Fadesa, un dos seus patrocinadores

<< Inicio / Anterior . 3241 a 3250 de 3425 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR