Noticias
A Orquestra Sinfónica de Melide estrea o musical “Gallaecia”
Xénero:
| 15 / 11 / 2007O Teatro Colón na Coruña, o Jofre de Ferrol e o Auditorio de Galicia en Compostela acollerán nos primeiros meses de 2008 a estrea do musical “Gallaecia” que pon en escena a Orquestra Sinfónica de Melide. Esta produción reúne nun mesmo escenario 100 artistas dedicados á música e á danza que achegarán mostras de música sinfónica, folk, popular e melódica nun mesmo espectáculo.
Máis información en La Opinión; no Diario de Ferrol, no web da Deputación da Coruña, en Galicia Hoxe; e en La Voz de Galicia; outros musicais galegos: Robin Hood e Imperial Café Cantante; máis nos nosos arquivos sobre a orquestra
O quinteto Xúa presenta o seu primeiro disco editado por Galiza Sons
Xénero:
| 14 / 11 / 2007Xúa son un quinteto novo no panorama discográfico pero os seus compoñentes son músicos de moita experiencia. Hoxe presentaron no Club Internacional de Prensa o seu primeiro disco, de nome homónimo do grupo, editado por Sons Galiza. O grupo está formado Vadim Yukhnévich (acordeón e voz), Nuria de León (voz, arpa e frautas) Ramón Feáns (bouzouki, guitarras), Pablo Pérez (baixo e contrabaixo) e Xacobe Gallego (batería). Moitos deles teñen tocado con grupos como Brath, Fía na Roca, Anubía ou Driade. A banda basea a súa filosofía sonora na nosa tradición folk sen renunciar á incorporación de sons doutras culturas ou doutros xéneros como o jazz ou o funk. O grupo dá moita importancia á voz nos seus temas e algunhas letras están inspiradas en textos de Celso Emilio Ferreiro, Lorca e Eduardo Galeano. A banda tamén trata outra das características históricas dos músicos en Galicia: a lingua do barallete. O propio nome do grupo é unha palabra do barallete, posto que significa “lume”.
Máis información en Sons Galiza
Telémaco viaxan ao centro da terra no seu segundo disco
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 14 / 11 / 2007 +O dúo formado por Álvaro Pardo e Miguel Rulos, baixo os seus nomes artísticos Dr.Think e Mike Rolling, presentan este venres o seu segundo traballo, "Terra" (Con un par Recordings) na Sala Babel de Lugo. Co seu primeiro traballo "Outótono" (Falcatruada, 2005) percorreron gran parte de América latina e toda España. Agora co seu novo disco auto producido queren transmitir unha mensaxe telúrica de comunicación co planeta chea de sons e ambientes de "hip-jazz", "ambient" e "groove". Telémaco ofrécennos unha sesión construída a modo de viaxe ao centro da terra e articulada en tres partes: codia, manto e núcleo seguindo a senda aberta por Xulio Verne.
Celébrase en Compostela o I Certame Galego de Bandas de Música
Xénero:
| 14 / 11 / 2007O I Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará en Compostela entre o 23 e o 25 deste mes, concentrará dezasete formacións deste tipo. Ao tempo, a Consellaría de Cultura, que organiza o certame, anunciou onte o investimento de 250.000 euros en actividades de formación e de apoio a estes grupos. Destes, 80.000 euros servirán para organizar cincuenta encontros de música popular e outros 50.000 irán a promover a participación de bandas galegas en encontros no exterior.
Máis información en La Voz de Galicia
O novo disco de Triángulo de Amor Bizarro sae hoxe á rúa cos temas das súas primeiras maquetas
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 13 / 11 / 2007 +O trío coruñés presenta agora o seu segundo disco co selo independente, e tamén de orixe coruñesa, Mushroom Pillow. Aclamados unanimemente pola crítica como un dos grupos revelación do ano tras a publicación do seu primeiro traballo, homónimo do grupo, o grupo paseou os seus directos por todo o país e desde hoxe pon na rúa “El hombre del siglo V”. O novo disco inclúe os temas das súas dúas primeiras maquetas auto traducidas, coas que quedaron semifinalistas dous anos consecutivos no Proxecto Demo, organizado polo Festival Internacional de Benicàssim, ademais de tres temas gravados para a ocasión. Con este cd o grupo ofrece un punto e seguido co que completa a discografía desde os seus inicios ata as máis recentes incorporacións ao repertorio do seu directo.
Falcatruada abre unha nova plataforma de promoción musical na rede para os seus discos
Xénero:
| 8 / 11 / 2007A discográfica coruñesa Falcatruada segue a facer da comunicación na rede un dos seus puntos de fortaleza estratéxica. A editora, que presentou recentemente o novo disco de The Homens, pon agora na rede una nova ferramenta de promoción da música dos seus artistas, Clubedixital, un novo espazo na rede no que, de xeito sinxelo, escoitar, descargar e mesmo compartir temas dos seus lanzamentos. No Clubedixital estarán as últimas novidades discográficas, e proverá de accesos á información sobre os artistas, ás novas e á tenda de Falcatruada. O clube inaugúrase hoxe co adianto en primicia das novas cancións de Narf e de Xosé Manuel Budiño, artistas que lanzarán os seus novos traballos discográficos nas vindeiras semanas.
Máis información no Clubedixital
Os bolseiros da Fundación Barrié protagonizan un ciclo de espectáculos na Coruña e Vigo
Xénero:
| 7 / 11 / 2007Seis espectáculos a cargo de 18 intérpretes e tres artistas visuais, baixo a coordinación musical de Cristina Pato e a coordinación escenográfica de Pilar Alonso, todos eles bolseiros da Fundación Barrié de la Maza compoñen o Ciclo de Becarios da Fundación, que comeza con concertos na sede da Fundación na Coruña hoxe e mañá na sede de Vigo e durará ata o 29 de novembro. Nestes espectáculos soarán obras de compositores contemporáneos no contexto de escenografía especialmente creadas para cada un deles. Esta iniciativa da Fundación Pedro Barrié de la Maza esta vencellada coa celebración do corenta aniversario da súa actividade, xuntando a bolseiros das áreas de interpretación, composición musical e de dirección escenográfica. Os concertos serán de entrada libre ata completar aforo.
Máis información na Fundación Pedro Barrié de la Maza
Lugo aposta por nomes coñecidos para o seu Festival de Jazz
Xénero:
| 7 / 11 / 2007O Círculo das Artes de Lugo parecerá, do 12 ao 17 de novembro, un club de jazz de Nova York. Principalmente porque as bandas de jazz neoyorquinas máis destacadas estarán na XVII edición do festival de Jazz. O vocalista e compositor Sachal Vasandani, John Scotfield e Joe Locke son algúns dos nomes que destacan do cartel desta edición no que se investiron preto de 80.000 euros. Canda o Círculo, o Club Clavicémbalo, a Escola de Maxisterio e a de Veterinaria serán os escenarios dos concertos.
Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca
A internacionalización e a variedade marcan a evolución da música galega desde o movemento Bravú
Xénero:
| 7 / 11 / 2007Hai dez anos a música galega viviu unha das súas máis importantes revolucións. O movemento Bravú, que celebra estes días aniversario, supuxo unha ruptura e marcou tendencias. Claro que aquilo foi só un comezo, e desde aquela sucedéronse, na última década, varias fases e tendencias ata a situación actual. Facemos un repaso por este panorama da man de varios profesionais do mundo da música, que achegan visións non sempre coincidintes sobre esta situación.
A quinta edición do festival Castañazo Rock homenaxeará o Bravú
Xénero:
| 2 / 11 / 2007Un concerto do grupo Trifulca e unha “jam Session” na discoteca Mogay dan hoxe a saída ao recuperado festival Castañazo Rock de Chantada. Nesta quinta edición do evento organizado pola Asociación Cultural "O Castanhazo" o eixo principal da celebración xira arredor da conmemoración da creación do bravú, datada no ano 1994. O programa do Castañazo inclúe a presentación do disco “120 capadores” no que máis de vinte bandas e artistas fan unha homenaxe ao desaparecido grupo Diplomáticos de Monte-Alto. Unha mesa redonda na que participarán coñecidos músicos e xornalistas falará despois sobre a situación da música galega anterior a aparición do Bravú e de cómo este influíu no panorama musical e de outras artes, ata os nosos días. Ás 17 horas no mercado Gandeiro de Chantada inaugurarase a 1ª Feira do Disco Galego, pensada para divulgar e promocionar todos aqueles discos que viran a luz en Galicia nos derradeiros anos. Xa no eido da festa haberá feira tradicional con pulpo e churrasco, e non faltará o magosto. O gran concerto chegará á noite coas actuación de seis bandas.
Máis información no sitio de O Castañazo 2007